Aldaolado

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu esta mañá no auditorio da Casa da Cultura á actuación de María Lado e Lucía Aldao, coñecidas profesionalmente como Aldaolado. Estas dúas poetisas deron un recital no que a poesía se mesturou coa aprendizaxe da lingua: desde a ortografía ou a colocación do pronome átono ata as variedades dialectais. As composicións recitadas estiveron acompañadas de música en directo e o acto rematou coa elaboración dun poema dadaísta composto por coñecidos versos de poesías galegas. Os rapaces participaron na creación do poema e o resultado foi sorprendente e, asemade, divertido. A actividade serviu para desmitificar a poesía como algo afastado e aburrido e converter o seu proceso creativo e o seu resultado en algo dinámico e ameno.

Accede ás fotografías aquí.