Skip to Content

Axudas para Inmersión lingüística en colonias de vacacións para o verán

O Ministerio de Educación convoca 2200 axudas para a participación nunha das colonias de dúas semanas de duración, organizadas durante o mes de xullo de 2016 nalgunha localidade de España, para alumnos de 1º e 2º da ESO.

Requisitos:
a. Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2015/2016.
b. Obter, como mínimo, notable como nota media do curso 2014-2015.
c. Obter, como mínimo, notable como nota final na materia de inglés no curso 2014/2015.
d. Non ser beneficiario da axuda en convocatorias anteriores

Estas axudas distribúense en dous grupos:
Primeira quenda para alumnos de 1º da ESO: do 3 de xullo ao 17 de xullo de 2016:
. Grupo I: 660 axudas de ata 476 €.
. Grupo II: 440 axudas de ata 326 €.
Segunda quenda para alumnos de 2º da ESO: do 17 de xullo ao 31 de xullo de 2016:
. Grupo I: 660 axudas de ata 476 €.
. Grupo II: 440 axudas de ata 326 €.

Grupos I e II:
Os solicitantes que a data 31 de decembro de 2014 se encontren nalgunha das seguintes circunstancias, integrarán o denominado Grupo I:
a) Orfandade absoluta do solicitante.
b) Pertencer a familias nas que algún membro estea afectado de minusvalía legalmente cualificada (en grao superior ao 65% para pai/nai/irmáns do solicitante e superior ao 33% no caso de que a padeza o propio solicitante).
c) Pertencer a familias nas que o pai, nai ou titor legal encóntrese en situación de desemprego ou teña recoñecida a incapacidade permanente absoluta.
d) Pertencer a familia numerosa.
e) Pertencer a familia monoparental.

Os solicitantes que, reunindo os requisitos xerais, non se encontren en ningunha das circunstancias anteriores formarán parte do denominado Grupo II.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 15 de abril de 2016.
Máis información no BOE do 29 de marzo de 2016 e en http://www.educacion.es/



page | by Dr. Radut