Skip to Content

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior

Convócanse por parte da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativo, de xeito ordinario, probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e grao superior de formación profesional en centros sostidos con fondos públicos para o ano 2016.

Prazo de inscrición nas probas de acceso:

  • Ciclos formativos de grao superior: Entre os días 15 e 26 de febreiro de 2016, ambos os dous incluídos
  • Ciclos formativos de grao medio: Entre os días 4 e 15 de abril de 2016, ambos os dous incluídos

Toda a información:

Probas acceso a ciclos formativos de grao medio.

Probas acceso a ciclos formativos de grao superior.

Convocatoria DOG    Calendario

Novidades da convocatoria de probas de acceso de 2016 para ciclos de grao superior

As persoas que posúan un título de técnico de formación profesional ou o título de bacharelato unificado e polivalente (BUP) cumpren os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior e, xa que logo, non terán que presentarse ás probas para acceder a estes ciclos formativos. (...)

 



page | by Dr. Radut