Skip to Content

Campaña de doazón de sangue

O Centro de Transfusión de Galicia organiza unha Campaña de doazón de sangue que terá lugar o mércores 17 de febreiro (de 10:30h a 14:00h e de 16:30h a 21:00h) nos institutos de Burela. Unha unidade móbil estará instalada no aparcadoiro do Monte Castelo.

Uns técnicos do Centro de Transfusión virán informar ao alumnado maior de 18 anos polas clases o martes, día 16.

O alumnado que compre cos requisitos poderá participar de forma voluntaria na campaña de doazón de sangue. O médico poderá entregar un xustificante ao alumnado se llelo pide.



page | by Dr. Radut