AS LÁGRIMAS DE SHIVA César Mallorquí Rodeira Colección Periscopio 84-8116-870-X |
|
En certa ocasión, hai disto xa moito tempo, vin unha pantasma. Si, un espectro, unha aparición, un espírito; podemos chamalo como queiramos, o caso é que o vin. Ocorreu o mesmo ano en que o home chegou á Lúa, a pesar de que houbo momentos nos que pasei moito medo, esta historia non é o que poderiamos chamar unha novela de terror. Todo comezou cun enigma: o misterio dun obxecto moi valioso que estivo perdido durante sete décadas. |
AS LÁGRIMAS DE SHIVA
- blogue de ies.perdouro
- 257 lecturas