Skip to Content

Actividades

SESIÓN SORPRESA CO CLUB DE REMO DE CESANTES

Estes días tivemos unha sesión sorpresa na clase de Educación Física: O club de Remo de Cesantes, mostrounos este deporte a través de Fernando e de Sergio. Aprendemos cales son as diferentes embarcacións, ligas, categorías, etc e estivemos remando nos ergómetros. Foi moi divertido e motivante! Guay

Dannos a oportunidade de ir a unha xornada de portas abertas este domingo 24, pola mañá, na instalación da praia de Cesantes. Se te animas, chama antes ao 622779193  para que conten contigo.

Que mellor oportunidade para practicar deporte e facer amig@s?

8-M: SUBE AO STEP DA IGUALDADE!


Vídeo da actividade coreográfica realizada para celebrar o Día Internacional da Muller na materia de Educación Física co alumnado desde 2º de ESO ata 1º de Bacharelato.

Salvamos os chanzos do STEP con mensaxes en clave feminista que aínda quedan por subir para acadar a igualdade entre homes e mulleres.

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

O 28 de abril celébrase o Día da Educación Física na rúa. Tiñamos programado facer deporte nas rúas de Redondela pero o Covid-19 cambiou os nosos plans así que a celebración deste día foi na casa.

O noso alumnado comparte esta actividade realizada onte para mostrarnos como segue estando activo. Podes vela aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut