O Departamento de Francés organizou unha viaxe a Paris para os alumnos de 2º Bacharelato. Á principios de xaneiro, estivemos cinco días na capital francesa da que visitamos os monumentos mais típicos: Notre-Dame, Arc de Triomphe, Champs Élysées, Tour Eiffel, museos Rodin, Orsay e Louvre, Montmartre e Palacio de Versailles.
A pesar do frío e do cansancio que fomos acumulando, a viaxe foi unha experiencia moi boa e gardamos excelentes recordos.
O pasado 17 de decembro 110 alumnos e alumnas da Eso e Bachalerato do noso centro asistiron no Multiusos da Xunqueira a proxección de película galega "Pradolongo", nunha actividade realizada en colaboración con Normalización Lingüística do Concello de Redondela
Co motivo da Semana da Ciencia o Departamento de Física e Química organizou unha exposición, no salón de actos do instituto, co título de “MEDINDO O UNIVERSO.A HISTORIA DAS MEDIDAS”.Nela aprendimos moito acerca das medidas, da súa historia, de cómo Eratóstenes mediu o radio da Terra con escasa tecnoloxía, cal é o organismo que se encarga de establecer as unidades de medida, as novas definicións das magnitudes fundamentais: lonxitude, masa, tempo, temperatura, cantidade de substancia, intensidade de corrente, intensidade luminosa,...
Nos últimos paneis atopamos as unidades de medida tradicionais na nosa terra como por ejemplo a maquila, unidade de medida de superficie.
O día 6 de Outubro os departamentos de Economía e Física e Química do noso instituto organizaron unha visita ao parque eólico situado en Xermade ( Lugo) que esta xestionado pola empresa “Sotavento”.Alí aprendimos a usar a enerxía dun modo máis racional: uso de bombillas de baixo consumo, reductores do caudal da auga na ducha, a aforrar cartos en materia enerxética, en definitiva, a protexer o medio ambiente.
Ensinarónnos cómo é un aeroxerador por dentro e por fora e explicáronnos o seu funcionamento. Foi un desprazamento moi interesante e instructivo
A visita ao Concello realizouse o día 18 de novembro, cos alumnos/as do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e os de 1º do Ciclo Superior de Administración. As profesoras que acompañaron na visita foron Marisa Castro e Mercés Castro. Fomos recibidos pola secretaria de Prensa que nos explicou de forma demasiado reducida as salas que había. Posteriormente ensináronnos algunha das dependencias, acompañándonos tamén na visita a concelleira de educación. Ensináronnos os calabozos, os arquivos e fomos recibidos polo alcalde que se prestou a que lle preguntasen o que quixesen. Logo ensináronnos a biblioteca, onde puidemos ver as maquetas das penlas e da coca, visitamos a dos pequenos que commemoraban o cumpre dos pitufos e para rematar a biblio onde algún alumno solicitou libros e CDs , a sala de internet e informáronnos da posibilidade de realizar cursos interactivos
A visita ao Xulgado realizouse o día 30 de outubro, cos alumnos/as do Ciclo Medio de Xestión Administrativa. A idea era asistir a unha vista, pero ese dia canceláronse todas. A cambio a xuíz atendeunos toda a mañá, explicounos as funcións dela e da secretaria do xulgado, e fixéronse comentarios sobre casos de actualidade en prensa. Posteriormente ensináronnos todas as dependencias, acompañándonos en todas as visitas, ao seu despacho, ao rexistro onde unha alumna puido ver a súa partida de nacemento, a pesar de que tamén nos dixeron que agora todo esta dixitalizado. Tamén nos explicaron o procedemento aplicado para comunicar unha comparecencia no xulgado, é dicir, como actuaban se lles atendían. Ensináronnos os calabozos, e o lugar onde se facian as rodas de recoñecemento, que foi o que máis lles gustou. Os alumnos e as profesoras quedamos moi contentos do trato recibido.`