A visita ao Xulgado realizouse o día 30 de outubro, cos alumnos/as do Ciclo Medio de Xestión Administrativa. A idea era asistir a unha vista, pero ese dia canceláronse todas. A cambio a xuíz atendeunos toda a mañá, explicounos as funcións dela e da secretaria do xulgado, e fixéronse comentarios sobre casos de actualidade en prensa.
Posteriormente ensináronnos todas as dependencias, acompañándonos en todas as visitas, ao seu despacho, ao rexistro onde unha alumna puido ver a súa partida de nacemento, a pesar de que tamén nos dixeron que agora todo esta dixitalizado. Tamén nos explicaron o procedemento aplicado para comunicar unha comparecencia no xulgado, é dicir, como actuaban se lles atendían.
Ensináronnos os calabozos, e o lugar onde se facian as rodas de recoñecemento, que foi o que máis lles gustou.
Os alumnos e as profesoras quedamos moi contentos do trato recibido.`
