Libros de texto

Resolución provisional fondo libros 2019/2020

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

Publícanse as relacións provisionais de admitidos no fondo solidario de libros de texto e das axudas para a adquisición de material escolar.

Libros de texto Curso 2019/2020

A listaxe de libros de texto para o curso 2019-2020 atópase dispoñible no seguinte arquivo.

  

Fondo de Libros Curso 2019/2020

FONDO LIBROS/AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL CURSO 2019/2020

Orde do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan axudas para adquirir libros de texto e MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2019/2020. (DOG, 20 MAIO 2019)


PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: dende o 21 de maio ao dia 21 de xuño de 2019 (ambos os dous incluídos).


PODEN SOLICITAR:

  • FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2019/20
  • MATERIAL ESCOLAR (CHEQUE): para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2019/20.

O alumnado que obtivese praza noutro centro, deberá presentar a solicitude nese.


O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2019/20, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun (1) mes desde a formalización da matrícula.


DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR PARA SOLICITAR O FONDO SOL. DE LIBROS E/OU A AXUDA DE MATERIAL: 

  • SOLICITUDE (ANEXO I)
  • Comprobación de datos dos membros computables (ANEXO II)
  • COPIA DO LIBRO DE FAMILIA (Se reflicte a situación real a 31/12/2017)... se non fose así poderán achegar , entre outros: algún dos seguintes documentos:
  1. Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou, de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  2. Certificado ou volante de convivencia.
  3. Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.
  • Certificado do grao de discapacidade de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que NON pertenza á xunta de Galicia.
  • Só de ser o caso, documentación xustificativa de violencia de xénero.
  • Só no caso de incapacitación xudicicial con patria potestade prorrogada ou rehabilitada acreditarase coa correspondente resolución xudicial.

(DEBERÁ traer tamén os orixinais para poder comprobar a súa autenticidade)


As solicitudes presentaránse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal)


Opcionalmente poderán presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou nos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. A solicitude estará dispoñible nas oficinas do centro; no portal educativo, enderezo http://www.edu.xunta.gal, entre outras....


NOTA: LEMBRÁMOSLLES A OBRIGA DE DEVOLUCIÓN DOS LIBROS dos beneficiarios de axudas no curso 2018/19, tanto de fondo como os adquiridos con vale. De non ser así será causa de exclusión para esta convocatoria, e a Consellería iniciará un expediente de reintegro da axuda concedida. DEVOLVERÁNSE aos titores entre os días 17 e 21 de xuño, en coordinación coa vicedirección do centro para o correcto rexistro da súa entrega.

Fondo libros e axudas para adquisición de material Curso 2018/2019

Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO e se convocan axudas para adquirir libros de texto e MATERIAL ESCOLAR destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria,ESO e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/2019. (DOG, 21 MAIO 2018) 

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: dende o 22 de maio ao dia 22 de xuño de 2018 (ambos os dous incluídos). 

PODEN SOLICITAR: 

· FONDO SOLIDARIO DE LIBROS: para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2018/19 

· MATERIAL ESCOLAR (CHEQUE): para os que se matriculen en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO no curso 2018/19.

 

Toda a información no seguinte PDF

FONDO SOLIDARIO E MATERIAL ESCOLAR

                                                        separador

 

Libros de texto Curso 2017/18

A listaxe de libros de texto para o curso 2016-2017 atópase dispoñible na seguinte ligazón e permanecerá exposta ao público nos taboleiros do centro.

Libros de texto Curso 2016-2017

A listaxe de libros de texto para o curso 2016-2017 atópase dispoñible na seguinte ligazón e permanecerá exposta ao público nos taboleiros do centro.

Debe advertirse que hai novos libros nos cursos de 2º e 4º da ESO debido á entrada en vigor da LOMCE. Asimesmo, prodúcense algúns outros cambios no Bacharelato.

LIBROS DE TEXTO 2015/2016

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016

A seguinte listaxe, que se achega en documento .pdf xa ten un carácter definitivo. Debido ás últimas modificacións lexislativas algúns departamentos didácticos decidiron o cambio de material en 1º e 3º de ESO e 1º de Bacharelato, afectados pola entrada en vigor da nova Lei educativa (LOMCE). Eses libros novos aparecen destacados na listaxe. Ademais, lémbrase que, segundo os casos, debe "falar co profesor antes de mercalo".

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015/2016

 

Distribuir contido