Skip to Content

CURSO 2023/2024

Curso 2023/2024

FESTA DE NADAL PARA RECADAR CARTOS PARA A VIAXE DE FIN DE CURSO DE 4º DE ESO

O xoves 21 de decembro de 2023 tivo lugar no noso centro unha festa de Nadal para recadar fondos para a viaxe de fin de curso de 4º de ESO. Na festa o alumnado de 4º de ESO organizou diversas actividades, coa colaboración do Departamento de Educacion Física, para a comunidade escolar, e se desenvolveu a fase final dun torneo de fútbol sala, culminado cuns emocionantes partidos  entre os equipos que llegaron ás semifinais e finais de dito torneo.  No transcurso do festival, a nosa alumna, de 4º ESO A, Alicia Chamorro García, fixo o saque de honra na final do torneo (4ºESO e Bacharelato) como homenaxe á súa condición de campiona do mundo WBC de loita MuayThai en categoría sub-16.

 

 

 

 

JAM SESSION CON CLÁSICOS DO NADAL INTERPRETADOS POLO GRUPO DE MÚSICA DO INSTITUTO "DIJO 4" E INTERPRETACIÓN CORAL DE NADALIÑAS, PANXOLIÑAS E CÁNTICOS DE REIS

O día 20 de decembro tivo lugar ao longo da mañá a actuación do grupo de música do noso centro "Dijo 4", reforzado por algún alumnado de Música do centro, coordinado e dirixido polo profesor do Departamento de Música, Juan José Dios Cañada, interpretando clásicos temas musicais e panxoliñas propias do tempo de Nadal como antesala das vacacións. Os diferentes grupos do alumnado do Instituto foron asistindo, e participando, en distintas quendas, no Hall do noso cento a dita actuación. Nos interludios desenvolveuse a actuación dun grupo coral composto por alumnado do centro e dirixido pola profesora do Departamento de Lingua Galega e Literatura, Mar Hermida Pico, que interpretaron cantos de Reis e Nadal, típicos da tradición galega. As actuacións estiveron precedidas da presentación realizada polo alumno de 4º ESO B, Daniel Collazo Barcia.

 

 

CHARLA SOBRE AS FORZAS ARMADAS.

O mércores 20 de decembro de 2023 tivo lugar unha charla sobre as Forzas Armadas no Salón de Actos do noso centro. O alumnado que acudiu á charla foi de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato (alumnado interesado). A actividade estivo organizada polo Departamento de Orientación. Na charla se informou do ingreso nos corpos do Exército a nivel básico, dos estudos universitarios que se poden cursar (coas vantaxes económicas que teñen: Medicina, Enxeñaría...) e das convalidacións coa FP e para o acceso aos corpos de seguridade do Estado (policías...).

VISITA AO BELÉN DO CONCELLO DA CORUÑA DO ALUMNADO DE RELIXIÓN DE 1º DE ESO

 

O martes 19 de decembro de 2023 o alumnado de Relixión Católica de 1º de ESO realizou unha visita ao Belén/Nacemento do Concello da Coruña no Pazo Municipal de María Pita, nunha actividade organizada polo Departamento de Relixión Católica.

ROTEIRO POLA CIDADE DA CORUÑA DO ALUMNADO DE XEOGRAFÍA DE 2º DE BACHARELATO

O martes 19 de decembro de 2023 o alumnado de Xeografía de 2º de Bacharelato realizou  un roteiro pola cidade da Coruña, organizado polo Departamento de Xeografía e Historia. 

 

PRIMEIRA ACTUACIÓN DE "DIJO 4" NA ESCOLA INFANTIL DOS ROSALES NO PROXECTO AFACO

O xoves 14 de decembro de 2023 "Dijo 4" realizou unha  saída á Escola Infantil dos Rosales da Coruña para participar,  nunha actividade musical do PROXECTO AFACO, como  continuidade do extraordinario e altruísta proxecto iniciado o curso pasado polo grupo instrumental  do noso Instituto, en colaboración coa propia AFACO, coa Escola de Danza Druida e coa Escola Infantil dos Rosales, en relación co Contrato-Programa de EduExcelencia. 

Dirixido na súa formidable excelencia polo noso compañeiro Juan José Dios Cañada, o alumnado compoñente do noso grupo instrumental, que estivo reforzado por algún ilustre exalumnado do noso centro, é o seguinte:

Tomás Fernández Antezana 3º ESO B

Amanda López Puñal 2º ESO C

Alberte Díaz Kirk 2º BACH A

Carmen López Bocija 2º ESO C

Manuel Maceiras Ferreira 4º ESO B

Icía Agrafojo Azpilicueta 3º ESO B

Candela López Puñal 4º ESO C

Izan Iglesias Callón 2º ESO C

Alejandro Rodeiro Iglesias 3º ESO B

Paula Rodeiro Iglesias 1º BACH C

Renata Pía Rial 4º ESO D

Adrián López Bocija 4º ESO A

Todos eles e todas elas teñen a nosa admiración e recoñecemento polo seu magnífico labor como embaixadores da execelencia do noso centro.

SAÍDA Á DOMUS DO ALUMNADO DE QUÍMICA DE 2º DE BACHARELATO

 

O martes 5 de novembro de 2023 o alumnado de Química de 2º de Bacharelato realizou unha saída á Domus da Coruña (Laboratorio de Fármacos), organizada polo Departamento de Física e Química.

 

VISITA AO MUDITEL DO ALUMNADO DE TECNOLOXÍA E ENXEÑERÍA II DE 2º DE BACHARELATO

 

O martes 5 de novembro de 2023 o alumnado de Tecnoloxía e Enxeñería II de 2º de Bacharelato visitou o Museo didáctico das Telecomunicacións da Coruña, sito no corazón do noso propio barrio, nunha actividade organizada polo Departamento de Tecnoloxía do IES Monte das Moas.

 

 

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE 3º ESO C NUNHA ACTIVIDADE SONBRE PABLO PICASSO NA CORUÑA

A derradeira semana de novembro 3º ESO C, coordinados pola súa titora Mar Hermida Pico, tivo a sorte de participar no proxecto VINTE 23. Visións, soños e mentiras. Un proxecto de intervención escénica e recuperación da memoria do territorio habitado polo pequeno Pablo Ruíz Picasso na Coruña.

O luns, 27 de novembro, Sete e Antonio viñeron ao instituto para amosar un petisco do que o alumnado ía ver na Casa Museo Picasso o xoves 30 de novembro. Pertencen á compañía “Os náufragos teatro”. Este proxecto foi seleccionado como de especial interese cultural na provincia polo departamento de Cultura da Deputación da Coruña. 

O noso instituto serviu de antesala para as intervencións escénicas que a compañía realizou ao longo da semana en varios puntos do territorio picassiano, no centro da cidade e coa colaboración da Casa Museo Picasso e dos Museos históricos da Coruña e nos que participaron diversas entidades sociais e educativas da provincia.

 

CONMEMORACIÓN NO IES MONTE DAS MOAS DO 25N: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO OU DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA SOBRE AS MULLERES

No IES Monte das Moas celebrouse o venres 24 de novembro a conmemoración do 25N Moas, Día da Violencia Contra as Mulleres con diversas actividades como unha exposición de cartaces e recomendacións de lecturas arredor do tema do feminismo ou novelas con historias que visibilizan e denuncian toda forma de violencia contra as mulleres. Tamén, entre outras iniciativas,  se fixeron sesións de fotos reivindicativas en contra da violencia sobre as mulleres nas que participou o alumnado, profesorado e persoal non docente; exposición na pantalla do vestíbulo do centro das actividades e fotografías realizadas sobre esta problemática no curso 2022-2023 e das realizadas no presente curso 2023-2024; e desde a Biblioteca e o EDLG ofrecéronse materiais de traballo sobre a cuestión para traballar nas titorías do noso Instituto.

As actividades estiveron dirixidas e coordinadas polo Equipo da Biblioteca e o EDLG.

Na conmemoración participou gran parte da comunidade escolar (alumnado, profesorado, persoal non docente) que veu vestida de violeta ou rosa este venres para mostrar o seu apoio á loita contra esta lacra.

 

 Aquí tedes un video sobre a conmemoración do 25N en Moas; tamén tedes un ficheiro adxunto con máis fotografías sobre a conmemoración.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut