You are hereSecretaría / Taboleiro

Taboleiro


COMUNICACIÓN PROFESORADO CO ALUMNADO-ACTUALIZADO A 31 MARZO

Actualizamos documento de comunicación do PROFESORADO CO ALUMNADO  para consultar as tarefas a realizar

DOCUMENTO ACTUALIZADO a 31 de marzo profesorado ESO e BAC

DOCUMENTO ACTUALIZADO PROFESORADO CICLO MADEIRA ESA E EBI

MATRÍCULA DO ALUMNADO NA AULA VIRTUAL

Estamos procedendo a matricular a todo o alumnado dos cusos 2º BAC, 1 BAC, 4º ESO, 3º ESO na alua virtual. Temos previsto rematar con todo o procedemento o luns 23 de marzo.

Lede o seguinte documento para comprobar como proceder para entrar na aula virtual co  nome de usuario e contrasinal que se vos indica por defecto e como modificar os datos no voso perfil no voso perfil de usuario.

DOCUMENTO CONTA USUARIO AULA VIRTUAL

se o luns non podedes acceder ou ante calquera dúbida poñédevos en contacto co centro na seguinte conta de correo: ies.melide@edu.xunta.es

ou chamando por teléfono en días laborables de 10h  a 13h.

AVISOS VARIOS

Algunhas indicacións sobre o funcionamento destes días:

-Está actualizado o documento do PROCEDEMENTO DE COMUNICACIÓN DO PROFESORADO CO ALUMNADO.

Respecto do funcionamento da aula virtual:

-Alumnado de 1º ESO e 2º ESO accederá como convidado, de momento non procederemos a matriculalo ata novo aviso. En caso de ter que enviar tarefas o profesorado indicará no curso da aula virtual o correo a onde teñen que envialas.

-Comprobaremos que non hai problemas coas contas de usuario e contrasinais , NESTA ORDE alumnado de 2º BAC, alumnado de 1º BAC, alumnado de 4º ESO e alumnado de 3º ESO.

-Será o profesorado quen notificará ó centro a imposibilidade de matricular algún alumno no seu curso de aula virtual. Se o martes 24 seguides sen ter acceso poñédevos en contacto co centro.

Un saúdo a todos

O Equipo Directivo

PROCEDEMENTO DE COMUNICACIÓN DO PROFESORADO CO ALUMNADO

A continuación tedes o documento onde está recollido por curso, materia e profesor a forma que terán de deixar tarefas estes días.

DOCUMENTO

CIRCULAR INFORMATIVA SOBRE TRABALLO DESTES DÍAS

Estimadas familias:

Vistos os últimos acontecementos estamos preparándonos por un posible aumento de días de suspensión da actividade docente presencial, isto nos vai a levar un días polo que vos solicitamos paciencia e colaboración. Esta fin de semana, como puidestes observar, a páxina web do centro e a aula virtual estiveron en mantemento, polo que o que tiñamos pensado adiantar durante a fin de semana para que estivera case todo listo, terémolo que facer ao longo destes días.

Pasamos a darvos algunhas indicacións sobre como funcionaremos. Son moitas as instrucións que van, por favor, lede todo moi atentamente (e varias veces se fai falta) e logo, se precisades aclaracións chamade ó centro, pero procurade non colapsarnos con pequenas cuestións:

  • A comunicación do profesorado co alumnado: será principalmente a través da aula virtual, correo electrónico, páxina web e abalar móbil. Xúntase listado detallado por cursos e materias onde se indica a forma que vai empregar o profesorado para comunicarse con vós e enviarvos tarefas.
    • A maioría dos cursos e inicialmente estes días son accesibles como convidado, polo que non precisades nome de usuario e contrasinal, premedes no curso e na ventá que aparece marcamos entrar como convidado.
    • O material irase engadindo pouco a pouco, entre hoxe e mañán estarán todos os cursos creados.  
  • Mentras non está habilitada a aula virtual: para traballar ao longo desta semana:
    • Lede detidamente a guía elaborada polo departamento de orientación para organizarvos da mellor forma posible estes días.
    • Repasade e estudade toda a materia do trimestre, pois as probas de avaliación do 2º trimestre non feitas, serán realizadas nada máis regresemos seguindo un calendario que publicaremos mércores día 18 de marzo.
    • Realizade as tarefas que o profesorado vos vai indicando na páxina web do centro (apartado departamentos no departamento correspondente, correo electrónico ou aula virtual).
  • Enviaremos instrucións sobre o manexo da aula virtual para todo aquel alumnado e familias que nunca a manexaron:
  • Se alguén precisa de asesoramento ou non é capaz de entrar na aula virtual, poderá chamar ó centro (881866109-722567520 en horario de 10h a 13h), trataremos de resolver todas as dúbidas.

  • Alumnado que sabe manexar a aula virtual podería axudar a resolver dúbidas ós compañeiros

  • Para alumnado que non ten medios telemáticos para seguir as clases, poñerémonos en contacto coas autoridades para confirmar que vos podedes achegar ó centro a recoller as copias do traballo aportado polo profesorado.

  • Mantemos para hoxe a avaliación de 2º bac, mañán día 17 de marzo á partir das 12 h faremos visibles as notas dende a aplicación ABALAR MÓBIL, aquel alumanado maior de idade que non ten acceso a abalar móbil poñerémonos en contacto con vós.

Esperamos que esteades todos ben, irémosvos informando pouco a pouco trataremos de ir aclarando as dúbidas que poidan xurdir.

 Graciñas pola vosa colaboración e coidádevos moito

O Equipo Directivo

SUSPENSIÓN DAS CLASES A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO

Ante o anuncio da voluntariedade de asistencia a clase, mañá venres 13 de marzo e a suspensión da actividade académica dende o 16 de marzo no ensino galego, informamos:

-Mañán venres o centro permanecerá aberto e o alumnado será atendido polo profesorado no seu horario habitual.

-Respecto das probas de avaliación previstas para mañán 13 de marzo: queda a criterio do profesorado realizar ou non as probas pero coa OBRIGATORIEDADE de facerllas ó alumnado que falte mañá unha vez se reanude a actividade lectiva.

-Respecto da información solicitada na circular enviada hoxe a través do alumnado: agradeceríamos nola fagan chegar (persoalmente no centro ou a través de chamada telefónica) pois seríanos de gran axuda para organizar o traballo dos próximos días.

 

Seguiremos informando das novas que se produzan ao longo destes días a través de ABALAR MÓBIL  e a PÁXINA WEB do centro.

 

Grazas pola vosa colaboración.

 

O equipo directivo

 

TABOLEIRO

LISTADO DE LIBROS DE TEXTO POR CURSOS - CURSO 2019/20

 

Información

 

LIÑAS DE AUTOBÚS - CURSO 2019/20 

Información

A solicitude de novas paradas remata o 5 de xullo.

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido