MaCRoaLMoRZo SAUDABLE e Dialogos para unha alimentación saudable (producción cinematográfica)

O pasado venres 11 de abril o alumnado de 1º ESO cargou de alimentos saudables a súa mochila e participou no tradicional MaCRoaLMoRZo saudable.

Cun formato distendido e tendo en conta certas evidencias científicas, o alumnado tivo que defender cun discurso persoal o retrato do seu almorzo saudable e respostar a preguntas sobre o traballado nas diferentes materias. 

Presentación en iesaudemelide.es

POESÍA CON PEGADA II

21 de Marzo 2019, poesía con pegada II no IES de Melide.

VISITA AO LABORATORIO DE MEDICINA XENÓMICA

O pasado sábado 16 de marzo, o alumnado que está a cursar a materia de Bioloxía de 2º de bacharelato visitou os laboratorios de Medicina Xenómica do Hospital Clínico de Santiago. Tiveron a honra de coñecer as instalacións da man do seu director, o Doutor Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal e experto internacional en Xenética. O Dr. Carracedo ensinou ao noso alumnado moitas das técnicas e os aparellos que se empregan na actualidade para detección de enfermidades xenéticas: máquinas que permiten a secuenciación do xenoma humano, aparellos que permiten amplificar o ADN (PCR) para a súa posterior secuenciación, técnicas que permiten construír cariotipos humanos para a detección de mutacións cromosómicas, etc.

Sentímonos enormemente agradecidos por poder gozar desta enriquecedora xornada, a cal, sen dúbida, quedará por sempre no recordo de todos nós e estamos convencidas de que influirá na toma de decisións sobre o futuro profesional do noso alumnado.

Laboratorio Mxenomica

CHARLA AESLEME "PÓDETE PASAR"

No marco do Plan de Acción Titorial do IES de Melide, durante a mañá de hoxe, 15 de Marzo, tivemos a visita da AESLEME (Asociación pola Prevención de Accidentes de Tráfico e ONG de atención a vítimas de accidentes). Co obxectivo de concienciar e sensibilizar sobre unha conducción responsable; Juan, a través dun relato autobiografico, foi quen de transmitir ao alumnado de 4º da ESO e FP Básica (1º e 2º curso) as regras básicas da Educación Vial: uso do cínturón de seguridade, NON uso do móbil ao volante e o NON consumo de alcol e drogas antes de conducir. Moitas grazas á AESLEME e a Juan.

Charla AESLEME2019

O SERPRONA NO IES DE MELIDE

O xoves 7 de marzo visitou o noso centro a unidade do SERPRONA da G. Civil de Santiago para dar unha charla e unha entrevista na radio do noso instituto sobre o medio ambiente na Terra de Melide. Na actividade participou alumnado de 1º e 2º BAC das materias de bioloxía e xeografía.

Charla SERPRONA

ASISTENCIA VI OLIMPIADAS DE FILOSOFÍA

Onte a Facultade de Filosofía fíxose pequena con tanta mente maravillosa!!!...máis de 200 participantes na Olimpiada Filosófica de Galicia!!!!....e nos tamén estivemos ahí...o grupo de filósofos do IES de Melide, participando nas modalidades de dilema moral, curta de video e fotografía. Ademáis, como non, montamos o noso telderete, tatuamos  amor pola filosofía e agasallamos con pulseiras metafísicas a quen o quixera!!!!....E non nos chegaron a nada!!!

Grazas a Son Zeltia polo curre, adicación e amor co que organiza esta Olimpiada _ o caso é que fai 1000 cousas pero con ese ollar azul e limpo que ten  da a sensación que está sempre en modo zen!!!!!!

O IES de MELIDE NO CONCURSO ODISEA

Unha vez máis o alumnado de latín, grego e cultura clásica acaba de pasar uns días emocionantes co Concurso Odisea. Ademais de adquirir coñecementos sobre a Ciencia e a Tecnoloxía nas antigas Grecia e Roma, o tema deste ano, os participantes aprenderon a buscar información non só en páxinas web, senón tamén en libros, a manexar índices... e sobre todo, a pensare a pensar en equipo.

Os resultados foron bos para o IES de Melide, xa que o equipo MOIRAS, formado por Najwa Daki, Noa Glez Mejuto e Idaira del Pino Rouco de S4C, conseguiu clasificarse para o desempate, que terá lugar o mércores 13 de febreiro en Compostela. Moita forza, campioas, e que Atenea, a deusa da sabedoría vos acompañe nesta vosa odisea!!!

Concurso Odisea

O IES de Melide asina un contrato-programa coa Consellería de Educación

O IES de Melide firma un contrato-programa coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional dirixido á mellora do éxito escolar. 

Con atención a autonomía dos centros educativos presentamos unha serie de medidas específicas de actuación (programas) en relación ao acompañamento escolar fora do horario lectivo, á mellora das competencias clave (matemática e comunicación lingüística), mellora da convivencia e promoción de igualdade nos centros, e mellora  do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

MUDAMOS FRONTEIRAS POR PONTES

Hoxe día 30 de xaneiro conmemoramos "o día escolar da non violencia e da paz" cunha xuntanza durante o recreo  na entrada do centro. Alí, ao redor dun traballo feito polo alumnado no que se sinalan muros que se están a construír no mundo, limos un manifesto e cantamos a canción “ Fronteiras” de Gaudi Galego e da  que tomamos prestado o lema deste curso.

"Mentres tanto ti e máis eu

Mudamos fronteiras por pontes

Trazamos un novo mapa

Abrindo cancelas con flores"

...

AS NOSAS CREACIONS

Radio na Biblio

CALENDARIO

Distribuir

Distribuir contido