O Departamento de Orientación ten como obxectivo atender á diversidade da comunidade educativa, promovendo o desenvolvemento persoal, académico e profesional do alumnado.
Durante o curso 2023/2024 o Departamento de Orientación permanecerá a disposición do alumnado e as familias no seguinte horario:
Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres |
10:30-14:30 16:30-18:10 |
10:30-14:30 | 10:30-14:30 | 10:30-13:40 | 10:30-13:40 |
O alumnado deberá acudir preferentemente no tempo de lecer ou en horario de titoría lectiva.
No caso das familias é recomendable concertar previamente o encontro por vía telefónica (982870193).
No curso 2023/2024 o departamento conta cos seguintes recursos humanos:
- Orientador.
- Mestra especialista en Pedagoxía Terapéutica.
- Mestra especialista en Audición e Linguaxe.