Skip to Content

Programa “Por 365 días de respecto e igualdade”

admin3

Programa “Por 365 días de respecto e igualdade”

 

O IES María Sarmiento forma parte este curso do Programa “Por 365 días de respecto e igualdade” (SECRETARÍA XERAL DA IGUALDADE), incluído no Plan Proxecta+ 2022-2023, coas seguintes actividades:

 

1.Unidade didáctica para educación secundaria “Cartas de Amor. 15 artistas contra a violencia de xénero”, con proposta de actividades a partires das obras da mostra “Cartas deAmor”.


2. Unidade didáctica para educación secundaria e bacharelato “Á violencia de xénero...dille Non!”, que xira arredor dun conxunto de 8 fichas ou paneis que conforman a mostra “Á violencia de xénero... Dille Non!”.


3. Unidade Didáctica para ESO e Bacharelato “Feminismos. A historia cóntana as vencedoras”.


4. “Guía de actuación ante casos de violencia de xénero no ámbito educativo”.


6. Curtametraxe “MIÑA”, unha reflexión sobre a violencia de xénero.

 

7. Decálogo “Agresión OFF”.


8. Cartel “Á violencia de xénero dille Non!”.


9. Díptico “Á violencia de Xénero dille Non!”.


10. Exposicións:

  • •.Cartas de Amor, exposición gráfica de ilustracións de diversos artistas sobre a violencia de xénero e a mocidade. A exposición quere sensibilizar a poboación máis nova sobre a existencia de violencia nos seus modos de relacionarse, axudar a detectala e polo tanto a eliminala. 

  • •.Á Violencia de Xénero...Dille Non!”, exposición gráfica ilustrada, dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas, nocivas nas súas relacións. 

  • •.Exposición fotográfica “Express-Arte”, unha perspectiva de diferentes realidades dende a arte. Creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas da violencia de xénero e impulsado pola Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses (AXEL). 

11. Obradoiro sobre “Violencia de xénero e o novo contexto dixital", centrado no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xurden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsión. Presencial, ou en liña a través de videoconferencia.


12. Unha charla sobre o tratamento da violencia de xénero na publicidade e nos medios audiovisuais, a cargo de persoal especializado. Presencial, ou en liña a través de videoconferencia.


13. Unha charla sobre a violencia machista nas relacións de parella na mocidade. A cargo de persoal especializado do Centro de Recuperación Integral para mulleres que sofren violencia de xénero de Santiago. Presencial, ou en liña a través de videoconferencia.


14. Unha charla de sensibilización: “ A nova escravitude do século XXI: Trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero”, a cargo de persoal especializado. Presencial, ou en liña a través de videoconferencia.


15. “ALGO ENTRE NOS” - Plataforma interactiva centrada na prevención da violencia machista no contexto das relacións de adolescentes. Trátase dun programa que facilita que o profesorado de secundaria dinamice cinco sesións de aula onde o alumnado terá que enfrontarse e superar cinco retos. Está dirixida a alumnado de 1o e 2o da ESO.


16. “Golpes”. Espectáculo teatral pedagóxico , con Estíbaliz Veiga, que analiza o impacto da violencia de xénero e tenta concienciar á mocidade na súa prevención.


17. “Redeira”. Espectáculo teatral didáctico enfocado cara os mozos e mozas para reflexionar sobre as novas formas de violencia sexual que acontecen no entorno das novas tecnoloxías da información e comunicación. Afonda na realidade que agochan detrás do uso das novas tecnoloxías para capacitar o mozo/a de ferramentas de detección dos posibles conflitos.



page | by Dr. Radut