Plástica

NOVA MOSTRA DA CREATIVIDADE DO ALUMNADO DO LOSADA

Temos unha nova mostra no corredor da Biblioteca. Trátase, nesta ocasión, dunha exposición dos traballos de fío tensado realizado polo alumnado da materia de Plástica de 4º de ESO. Contaron nesta ocasión coa colaboración do Departamento de Madeira para a elaboración dos cadros. Parabéns, unha vez máis polo traballo e polo resultado tan fermoso.

Podes ver todos os traballos no blog da Biblioteca.

NOVA EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE 4º ESO

Na nosa particular sala de exposicións loce unha nova mostra das habilidades do alumnado de 4º ESO. Trátase dun conxunto de versións de grandes clásicos da pintura e do deseño universal. Como non podía ser doutro xeito, a iniciativa foi secundada coas visistas da comunidade educativa. Parabéns polo traballo.

EXPOSICIÓN DE AUTORRETRATOS NO LOSADA

Interesante iniciativa na materia de Plástica de 4º de ESO. O alumnado, dirixido pola profesora Patricia, expón no corredor da Biblioteca os seus fermosos traballos: uns coloristas autorretratos que están recibindo as felicitacións de toda a comunidade educativa. Damián, Iván, Nerea, Antía, Ainara, Eva, Alba, Nerea, Ingrid, Brenda, Ricardo, Noel, Verónica e Alejandro, xunto á profe Patricia, na foto.

Parabéns!

PROGRAMACIÓNS ADAPTADAS DO DEPARTAMENTO DE DEBUXOPARA O FIN DE CURSO 2019-20

Pode consultarse a programación adaptada do departamento no seguinte enlace:

PROGRAMACIÓN ADAPTADA DEBUXO