RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS

No Consello Escolar do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez celebrado o 12 de maio de 2021 aprobouse o regulamento de RECLAMACIÓN DE CUALIFICACIÓNS. Este forma parte das NOFC DO CENTRO e pode consutarse NESTA LIGAZÓN.

INFORMACIÓN SOBRE AS ABAU 2021

TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS ABAU CURSO 2020-2021 AQUÍ

O LOSADA ESTUDA A CALIDADE DO AIRE QUE SE RESPIRA NAS SÚAS AULAS

 

Presentouse publicamente o ESTUDO DO EFECTO DA VENTILACIÓN DAS AULAS SOBRE A CONCENTRACIÓN DE CO2 no noso centro.

O traballo foi realizado polo Departamento de Matemáticas e mostra unha moi completa e interesante descrición da calidade do aire que respiramos no Losada.

O informe completo pode consultarse no ESPAZO COVID desta páxina, premento AQUÍ.

A presentación do informe foi recollida na prensa de ámbito local, no FARO DE VIGO e LA VOZ DE GALICIA.

A nova tamén suscitou o interesa do programa da TVG, Galicia Noticias:

O ALUMNADO DO CM DE FP DUAL DE MADEIRA REALIZA EQUIPAMENTO PARA A ESCOLA INFANTIL A GALIÑA AZUL

O alumnado e profesorado do ciclo medio de FP Dual de Instalacións e amoblamento realizou nos pasado trimestres diversos elementos en madeira para o equipamento da Escola Infantil A Galiña Azul da Estrada.

O grupo de 11 alumnos, dirixido por tres profesores e profesoras do Departamento de Madeira do centro atendeu o encargo da Escola A Galiña Azul da Estrada para o deseño e fabricación duns valados de protección e dun moble de almacenamento, con portas
e estantes.

Unha representación do alumnado, profesorado e centro educativo entregou este equipamento o pasado xoves á Escola Infantil da Estrada. 

Pode consultarse a noticia no Faro de Vigo e Voz de Galicia.

O alumnado que realizou o traballo, atópase neste trimestre no seu período de práctinas en Martínez Otero Contract, empresa estradense coa que o centro ten un convenio asinado para a FP Dual.

O ALUMNADO DE HISTORIA DA ARTE VISITA O PÓRTICO DA GLORIA E A CATEDRAL DE SANTIAGO

O pasado venres, 16 de abril foi un día especial. Despois de moitos meses, realizouse a primeira saída didáctica fóra da localidade. Tratouse dunha visita guiada ao recén restaurado Pórtico da Gloria e a toda a Catedral de Santiago. Un grupo de alumnos e alumnas de 2º Bacharelato e de 1º Infofi, acompañados dos profes Eladio, Conchi e Sergio, gozaron e non só coa visita propiamente dita, senón tamén co feito de saíren por primeira vez do centro neste curso tan complicado e difícil. Agardemos que non sexa a última.

NOVA MOSTRA DA CREATIVIDADE DO ALUMNADO DO LOSADA

Temos unha nova mostra no corredor da Biblioteca. Trátase, nesta ocasión, dunha exposición dos traballos de fío tensado realizado polo alumnado da materia de Plástica de 4º de ESO. Contaron nesta ocasión coa colaboración do Departamento de Madeira para a elaboración dos cadros. Parabéns, unha vez máis polo traballo e polo resultado tan fermoso.

Podes ver todos os traballos no blog da Biblioteca.

O Losada recibe a concesión da Carta Erasmus (2021-2027)

 
A Comisión Europea concedeu ao IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez a Carta Erasmus de Educación Superior 2021-2027 
 
A Carta Erasmus, ECHE, é un documento previo á solicitude de proxectos, obrigatorio para as institucións que participen en calquera programa europeo de educación superior, e permite a participación en programas de mobilidade por motivos de aprendizaxe e cooperación  para a innovación e intercambio de boas prácticas. Unha vez obtida, esta certificación ten validez para todo o período do programa Erasmus + (2021-2027). Ao centro xa lle fora concedida no anterior período (2014-2021)
 

ARREDOR DO DÍA DA MULLER NO LOSADA

AS MULLERES TAMÉN EMIGRAN NO CORREDOR DE EXPOSICIÓNS DO LOSADA

Xa está instalada no noso corredor unha nova mostra. Trátase da completa exposición: AS MULLERES NON EMIGRAN, da Fundación 10 de marzo. En 18 paneis faise un percorrido cronolóxico polas migracións femininas en Galicia no transcurso do século XX: América, Europa e inmigración. Trátase dunha iniciativa do Departamento de Xeografía e Historia e da Biblioteca.

 

ACTIVIDADES FORMATIVAS DIRIXIDAS A PERSOAS DESEMPREGADAS NO LOSADA.

Entre os próximos meses de marzo e xullo, serán impartidos Losada Diéguez dous cursos de formación para o emprego (AFD), destinados preferentemente a persoas desempregadas.

Estes cursos serán os seguintes:

TRABALLOS DE CARPINTARÍA E MOBLE (378 horas)

Do 22/03/2021 a 09/07/2021.

Este curso inclúe un módulo Básico de prevención de riscos laborais de 60 horas.

A proba de selección será o 17/03/2021 ás 10:00 horas no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Información completa sobre o curso AQUÍ

 

OPERACIÓNS AUXILIARES DE MANTEMENTO EN ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS (328 horas)

Do 06/04/2021 a 08/07/2021

A proba de selección será o 24/03/2021 ás 10:00 horas no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Información completa sobre o curso AQUÍ

 

As persoas que completen satisfactoriamente estes cursos obterán un CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE, que lle permite a súa inserción no mundo laboral nos sectores sobre os que tratan os cursos.Ademais, o alumnado disporá de bolsas e axudas reguladas pola correspondente convocatoria.

COMEDOR ESCOLAR ALUMNADO DE SECUNDARIA

Dende FESANPAS, a Federación Estradense de ANPAS púxose en funcionamento no curso 2019/2020 un servicio de comedor escolar para o alumnado dos 3 IES da Estrada. Esta iniciativa pioneira en Galicia paralizouse co inicio do Estado de Alarma do pasado mes de marzo. Durante este curso 2020/2021

FESANPAS é coñecedora de que existen familias que demandan a implantación de novo dunha opción de comedor. No día de hoxe dende FESANPAS queren informar quen teña interese neste servizo dispón dunha nova opción, podendo comer no comedor da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), estando as súas instalacións a poucos minutos de distancia dos 3 IES. O alumnado que sexa soci@ da Anpa do centro no cal están matriculados disporá dun desconto no servizo de comedor. Non esperes máis, asóciate á Anpa do teu centro. Se estás interesad@ en usar este servizo de comedor contacta. Podes enviar unha mensaxe á dirección comedoragasp@fesanpas.org ou chamar ao número 986572792.