O LOSADA PARTICIPOU NA FINAL DA #LIGAMAKERDRONE

Despois de meses de preparación do proxecto, o grupo de alumnas e un alumno de 2º de ESO participou na final da Liga Maker Drone, na súa segunda edición, que se celebrou o pasado 5 de maio no Coliseum da Coruña. O equipo estaba formado por: Carla Álvarez, Antía Buela, Antía Campos, Lúa Fernández, Iria Requeijo, Julia Sinde, Vicky Tarrío, Alejandra Vega e Xián Torres, baixo a coordinación do profesor de Tecnoloxía, Emilio Villanueva.
A iniciativa está promovida pola Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) co obxectivo de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre as novas xeracións.
Foron 180 estudantes de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) de 18 centros escolares de toda Galician os que participaron nesta xornada de exhibición, na que probaron os seus traballos pensados para superar o reto desta edición: limpar os océanos con axuda dun sistema dron. Cómpre dicir que os equipos tiveron 6 meses para deseñar e construír un mecanismo de recollida de residuos, que debe ir instalado sobre o dron que lles facilitou a organización.
A Liga Maker Drone é unha iniciativa pioneira en España, xa que se trata da primeira liga autonómica escolar de drons na que os participantes deben construír un sistema encamiñado á solución dun problema social.

Un fallo no dron do equipo do Losada impediu o acceso aos premios, sen embargo o excelente traballo de preparación e de execución ata ese momento é digno de mención e felicitación.

Pode consultarse o resultado AQUÍ

CALENDARIO FIN DE CURSO 2022-2023 DE 2º BACHARELATO

REVISADO E ACTUALIZADO 12/05/2023

 

Podes consultar e descargar o calendario fin de curso de 2º BACHARELATO AQUÍ

TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS RECLAMACIÓNS, PRAZOS, E MODELOS DAS MESMAS AQUÍ

O CONSELLEIRO DE EDUCACIÓN ASINA O CONVENIO DA FP DUAL CON OZONA

Román Rodríguez, Conselleiro de Educación visitou no día de hoxe o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez para asinar un novo convenio co director de negocio da empresa Ozona Tecnologías de la Información, Vicente Saborido, a fin de impartir o ciclo de Formación Profesional Dual de Sistemas informáticos en rede no instituto IES Antón Losada Diéguez da Estrada, con formación práctica nesta compañía tecnolóxica.   

No acto, celebrado na Biblioteca do Losada, participaron tamén a Directora Xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, o alcalde da Estrada, José López e o director do centro, José Manuel Puente.

Máis iformación no Portal Educativo

CALENDARIO DE EXAMES DE MAIO DAS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS

 

 Xa está publicado o calendario de exames do mes de maio da         convocatoria extraordinaria do MÓDULO III da ESA               presencial e semipresencial.

   Pode consultarse e descargarse AQUÍ

LOGO PARA A AULA DE EMPRENDEMENTO DO LOSADA

O xurado do Concurso de logotipo do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez fixo público o veredicto do mesmo, resultando gañador o traballo presentado por Álvaro López-Pizarro Rodríguez, que cursa 2º do Ciclo superior de DAM. Tamén recibiron unha mención os traballos de Lara Rey Rosende e Candela Rivas Neira, de 3º ESO.

Poden verse fotos da entrega do premio do xurado AQUÍ

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS DO MEC

Aberto o prazo dende o 27 de marzo ao 17 de maio de 2023 para a solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

As axudas están dirixidas ao alumnado de: 

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á FP e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

Resume da convocatoria AQUÍ

Podes ampliar información aquí ou poñerte en contacto co Departamento de Orientación do centro.

II MOSTRA DA ORIENTACIÓN DA ESTRADA

O martes 28 e o mércores 29 de marzo terá lugar, no pavillón 4 da Fundación de exposicións  a II Mostra da orientación da Estrada, na que o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez participa como entidade organizadora.

O obxectivo do envento é achegar ao alumnado dos centros da contorna as diferentes posibilidades e ofertas eductivas do ensino profesional, universitario e outras opcións. Nese marco o noso centro achegará, a través de diferentes stands, a súa oferta de ciclos formativos das familias profesionais:

FAMILIA PROFESIONAL DE MADEIRA MOBLE E CORTIZA

FAMILIA PROFESIONAL DE INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS

FAMILIA PROFESIONAL DE TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

FAMILIA PROFESIONAL DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN

Ademais, o alumnado do centro participará en diferentes actividades da PROGRAMACIÓN que se ofrece.

 

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Ábrese o prazo para a solicitude de admisión de praza nos centros educativos

Poderá solicitar praza no NO IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ o alumnado procedente de calquera centro educativo. O alumnado do CEIP FIGUEIROA no ten que facer esta solicitude pois xa ten a praza reservada no noso centro

 

O prazo de presentación de solicitudes remata 20 de marzo. As solicitudes están dispoñibles na Secretaría do centro e na aplicación admision alumnado

 

CONCURSO PARA O DESEÑO DO LOGO DA AULA DE EMPRENDEMENTO DO LOSADA

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ convoca un concurso para o deseño do LOGOTIPO da Aula de emprendemento. As bases poden consultarse AQUÍ

A ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES

O IES Pl. Antón Losada Diéguez pon en marcha a Escola de familias. Este luns terá lugar a primeira actividade.

A iniciativa pretende crear un espazo e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento do noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. A primeira actividade será:

Como acompañar a saúde emocional da comunidade educativa?
Manuel Armas Castro – Psicólogo, Doutor en Ciencias da Educación, Coordinador do EOE (A Coruña) e especialista en trastornos de conduta.
Data: 27 de febreiro de 2023
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES P. Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Manuel Armas Castro: é psicólogo e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é coordinador do Equipo de Orientación Específico (EOE) de A Coruña, un servizo con carácter provincial en Galicia que asesora e colabora cos Departamentos de Orientación no desenvolvemento das súas funcións. Asemade, é especialista na organización e desenvolvemento da atención educativa do alumnado que presenta trastornos graves de conduta. É un referente no campo da orientación educativa cunha ampla traxectoria profesional, investigadora e divulgativa en temas tan relevantes como a inclusión educativa, a convivencia, o benestar emocional e o enfoque sociocomunitario para a atención educativa do alumnado.