Orientación

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Aberto o prazo dende o 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 para a solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

As axudas están dirixidas ao alumnado de: 

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á FP e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

Resolución da convocatoria AQUÍ

Podes ampliar información aquí ou poñerte en contacto co Departamento de Orientación do centro.

Orientación

Profesorado que integra o departamento:

  • Ares Diz, Juan Carlos
  • Cabada Rodríguez, Anxos
  • Parada Gañete, Ana

Xefe do departamento:

  • Parada Gañete, Ana

 

CONVOCATORIA AXUDASLE PARA ALUMNADO DE BACHARELATO

Axudas dirixidas ao alumnado para a realización de actividade de formación en linguas estranxeiras (ano 2024)

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de publicar a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras, dirixida ao alumnado de 1º ou 2º de bacharelato. O prazo de presentación de solicitudes está aberto dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo (incluído). Para ampliar información podese consultar un “Cartel informativo” sobre as axudas, a convocatoria publicada no DOG e a aplicación para realizar a solicitude.

ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA. CURSO 2023-2024

d

 

O IES Pl. Antón Losada Diéguez retoma as actividades da Escola de Familias

 

Por segundo curso consecutivo, o Losada pon en marcha esta iniciativa que  naceu co obxectivo decrear un espazo  e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento o noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. 

Despois do encontro mantido coas familias no primeiro trimestre deste curso, do que xurdiron ideas e propostas, poñemos en marcha a programación deste ano.

A primeira actividade será:

Redes sociais e saúde mental na adolescencia.
Iria Veiga Ramos – Psiquiatra
Data: xoves 25 de xaneiro de 2024
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Iria Veiga (Ferrol, 1981). Médica psiquiatra e divulgadora científica. Exerce a psiquiatría no Hospital Psiquiátrico de Conxo e colabora cunha columna de opinión na que falo sobre ciencia en Nós Diario. Participou en diversas iniciativas relacionadas coa lingua e a divulgación científica, como Escépticos no Pub, Pint of Science, Naukas Coruña, Concienciadas, LGx15, O galego a miña lingua propia e a canle de Twitch Balea Vermella, xunto a Javier Balea, na que realizamos entrevistas e conversas sobre ciencia. Tamén realiza actividades de divulgación sobre saúde mental en centros de ensino.

PODES VER AS FOTOS DA ACTIVIDADE AQUÍ

AXUDAS A ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO(NEAE)

 
Está aberto o prazo para a solicitude de bolsas e axudas dirixidas ao alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) para o curso 2023/2024 ata o 20 de setembro.
Toda a información sobre a convocatoria pode consultarse AQUÍ
As familias que desexen realizar a solicitude deben poñerse en contacto co Departamento de Orientación do centro. 

NOVA ACTIVIDADE DA ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA

O IES Pl. Antón Losada Diéguez continúa coas actividades da Escola de Familias

A iniciativa da Escola de Familias naceu co obxectivo decrear un espazo  e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento do noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. A primeira actividade será:

Impacto da tecnoloxía na adolescencia. Claves para educar na era dixital
Antonio Rial Boubeta – Doutor e Piscoloxía e profesor titular da USC.
Data: 18 de maio de 2023
Hora: 19.00
Lugar: Biblioteca do IES P. Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Antonio Rial Boubeta. Doutor en Psicoloxía e Profesor Titular da Universidade de Santiago de Compostela. Director técnico da Unidade de Psicoloxía do Consumidor e experto en metodoloxía de investigación en ciencias sociais e da saúde. Responsable de numerosos proxectos de investigación do eido da mocidade, dende o Uso problemático de Internet, as redes sociais o ciberbullying, ao consumo de alcohol. Dirixíu en 2019 un dos maiores estudios realizados en España sobre o problema do Xogo en menores. É coautor do libro “Adolescentes y Nuevas Tecnologías: una responsabilidad compartida”. Ven de dirixir o Estudio sobre o impacto da tecnoloxía na adolescencia, levado a cabo por UNICEF cunha mostra de mais de 50.000 estudantes de secundaria. 

SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS DO MEC

Aberto o prazo dende o 27 de marzo ao 17 de maio de 2023 para a solicitude das bolsas xerais do Ministerio de Educación e Formación Profesional. 

As axudas están dirixidas ao alumnado de: 

  • Bacharelato
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á FP e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados
  • Formación Profesional de grao medio e de grao superior
  • Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia
  • Ensinanzas deportivas
  • Estudos relixiosos superiores
  • Formación Profesional de Grao Básico

Resume da convocatoria AQUÍ

Podes ampliar información aquí ou poñerte en contacto co Departamento de Orientación do centro.

II MOSTRA DA ORIENTACIÓN DA ESTRADA

O martes 28 e o mércores 29 de marzo terá lugar, no pavillón 4 da Fundación de exposicións  a II Mostra da orientación da Estrada, na que o IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez participa como entidade organizadora.

O obxectivo do envento é achegar ao alumnado dos centros da contorna as diferentes posibilidades e ofertas eductivas do ensino profesional, universitario e outras opcións. Nese marco o noso centro achegará, a través de diferentes stands, a súa oferta de ciclos formativos das familias profesionais:

FAMILIA PROFESIONAL DE MADEIRA MOBLE E CORTIZA

FAMILIA PROFESIONAL DE INFORMÁTICA E COMUNICACIÓNS

FAMILIA PROFESIONAL DE TRANSPORTE E MANTEMENTO DE VEHÍCULOS

FAMILIA PROFESIONAL DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN

Ademais, o alumnado do centro participará en diferentes actividades da PROGRAMACIÓN que se ofrece.

 

A ESCOLA DE FAMILIAS DO LOSADA INICIA AS SÚAS ACTIVIDADES

O IES Pl. Antón Losada Diéguez pon en marcha a Escola de familias. Este luns terá lugar a primeira actividade.

A iniciativa pretende crear un espazo e un tempo de formación conxunta entre as familias e a escola, no que poidamos aprender xuntos, identificar os puntos fortes e débiles das nosas actuacións como educadoras e educadores, e acompañar o desenvolvemento do noso alumno (e dos nosos fillos e fillas) do xeito máis óptimo posible. A primeira actividade será:

Como acompañar a saúde emocional da comunidade educativa?
Manuel Armas Castro – Psicólogo, Doutor en Ciencias da Educación, Coordinador do EOE (A Coruña) e especialista en trastornos de conduta.
Data: 27 de febreiro de 2023
Hora: 19.30
Lugar: Biblioteca do IES P. Antón Losada Diéguez

A actividade están convidadas as familias da comunidade educativa do Losada, así como as familias do alumnado de 6º curso do CEIP Figueiroa, centro adscrito ao Losada. O convite faise estensivo ao profesorado tamén.
Na iniciativa, contamos coa colaboración da ANPA do noso centro.

Manuel Armas Castro: é psicólogo e Doutor en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é coordinador do Equipo de Orientación Específico (EOE) de A Coruña, un servizo con carácter provincial en Galicia que asesora e colabora cos Departamentos de Orientación no desenvolvemento das súas funcións. Asemade, é especialista na organización e desenvolvemento da atención educativa do alumnado que presenta trastornos graves de conduta. É un referente no campo da orientación educativa cunha ampla traxectoria profesional, investigadora e divulgativa en temas tan relevantes como a inclusión educativa, a convivencia, o benestar emocional e o enfoque sociocomunitario para a atención educativa do alumnado.

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2023

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS (ANO 2023) PARA ALUMNADO DE BACHARELATO 


A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades convoca un total de 152 axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras dirixidas ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. O prazo remata o 14 de marzo. 
Pódese ampliar información aquí e tamén contactar co departamento de orientación do noso centro.