Taboleiro

ENTREGA DE NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN

As cualificacións da 2ª avaliación entregaránse o xoves 2 de abril exclusivamente a través do ABALAR MÓBIL. Non se enviarán por correo de ningún tipo.

Recordamos ás familias que aínda non se deron de alta no ABALAR MÓBIL deben facelo canto antes. Na seguinte ligazón pode consultarse o xeito de facelo.

GUÍA RAPIDA PARA INSTALACIÓN DE ABALAR MÓBIL

AVISO IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS SOBRE ABALAR MÓBIL

Recórdase a pais e nais ou responsables legais do alumnado a necesidade de darse de alta no ABALAR MÓBIL. Se non se fixo aínda, debe facerse canto antes, pois os boletíns de cualificacións da segunda avaliación, cando esta se realice, serán enviadas só a través  desta plataforma. No enlace que segue pode descargarse ou consultarse unha guía rápida de instalación.

 

GUÍA RÁPIDA DE INSTALACIÓN DE ABALAR MÓBIL

 

NOTICIAS SOBRE A PLANIFICACIÓN DO FIN DE CURSO. TODO POR DECIDIR

A conselleira de Educación hoxe na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central.

No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

Nós seguimos agardando por instrucións concretas sobre o proceso.

 

Pode consultarse a nova neste enlace:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

 

O ALUMNADO DO LOSADA DÁ AS GRAZAS

O alumnado e o profesorado do Losada queda na casa pero non para. Aí queda este emotivo vídeo, resultado do traballo realizado polo alumnado de 1º de ESO e a súa profe Alexandra da materia de Lingua Galega.

Parabéns!!!

 

Guía para a aprendizaxe a distancia durante a suspensión das clases polo COVID-19

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de difundir, a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación do Profesorado (CAFI) e da súa rede de formación permanente, unha guía para facilitarlles aos docentes a aprendizaxe a distancia durante o período de suspensión das clases polo COVID-19.

Podes consultar a nova completa neste enlace.

Descargar a GUíA

 

AULAS GALEGAS

Tamén queremos destacar unha moi boa iniciativa de moitos docentes que nos pode axudar a todos e a todas a mellorar o noso traballo nestes días. Chámase AULAS GALEGAS e pode consultarse aquí:

http://aulasgalegas.org/

NOVO AVISO IMPORTANTE SOBRE A SUSPENSION DAS CLASES (16 DE MARZO)

A raíz da aprobación do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19  e do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 informamos que o IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ permanecerá pechado ao público desde hoxe 16 de marzo e ata novo aviso.

En función do citado anteriormente, quedan suspendidos TODOS OS PROCESOS ADMINISTRATIVOS.

O centro atenderá ao público a través do correo electrónico do mesmo: ies.losada.dieguez@edu.xunta.es

O alumnado recibirá a través dos MEDIOS TELEMÁTICOS utilizados habitualmente tarefas de carácter xenérico non avaliable para a súa realización neste período.

 

 

HOXE, SABADO 14, PARADA NO SERVIZO DE WEBS DINÁMICAS

A Consellería de Educación informa que hoxe sábado, a partir das 9 da mañá, permanecerá pechado o servizo de webs dinámicas. Polo tanto non poderemos actualizar información nesta web e tampouco funcionarán as aulas virtuais.

A Consellería prevé que os traballos de mantemento e mellora das mesmas, que provocan o peche do servizo, terán unha duración de 12 horas.

O correo electrónico si estará habilitado.

Pode consultarse a info no seguinte enlace:

SERVIZO DE WEBS DINÁMICAS

 

NOVAS INSTRUCIÓNS EN RELACION COA SUSPENSIÓN DAS CLASES POLO COVID-19 PARA OS CENTROS DE ENSINO

A Consellería de Educación acaba de anunciar a modificación das indicacións iniciais en relación coa suspensión das clases por causa do COVID-19.

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

As insturcións completas poden consultarse na seguinte ligazón:

 

Novas instrucións en relación co COVID-19 para os centros educativos(13/03/2020)

MEDIDAS PUBLICADAS POLA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN EN RELACIÓN COA SUSPENSIÓN DAS CLASES

A  Consellería de Educación da Xunta de Galicia publicou onte luns a última hora da tarde as instrucións que recollen as medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

 

MEDIDAS PARA OS CENTROS EDUCATIVOS

 

 

SUSPENSIÓN DAS CLASES A PARTIR DO LUNS 16 DE MARZO

Á comunidade educativa do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Segundo o anunciado esta mañá polo presidente da Xunta de Galicia, e a agarda de novas indicacións da Consellería de Educación, quedan suspendidas, a partir do vindeiro luns, todas as actividades lectivas e extraescolares durante os seguintes 14 días, nos que o centro estará pechado.

Mañá venres, o centro permanecerá aberto e, na medida do posible, o alumnado non acudirá ás clases.

Na páxina web do centro publicarase información das novidades que vaian xurdindo.

 

INFORMACIÓN SOBRE A ALERTA SANITARIA POR CORONAVIRUS