Taboleiro

RECLAMACIÓNS DE 1º BACHARELATO

O prazo de reclamación das cualificacións da avaliación ordinaria de 1º Bacharelato comprende dende a publicación das cualificacións ata o día 8 de xuño de 2022.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO

O prazo para solicitar as axudas de material escolar e libros de texto remata o 22 de xuño (incluído).

Pode consultarse toda a información e documentación AQUÍ.

O alumnado matriculado na etapa da ESO no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez está excluído da participación do fondo solidario de libros de texto ao estar implantado no centro o proxecto E-DIXGAL na ESO. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.

CALENDARO FIN DE CURSO 2021-2022 DE 2º BACHARELATO

Podes consultar e descargar o calendario fin de curso de 2º BACHARELATO AQUÍ

TODA A INFORMACIÓN SOBRE AS RECLAMACIÓNS, PRAZOS, E MODELOS DAS MESMAS NESTE ENLACE.

PROBA ABAU 2022

Xa están publicadas as datas das probas ABAU do curso 2021-2022.

 A convocatoria ordinaria será os días 7, 8 e 9 de xuño.

 A convocatoria extraordinaria será os días 12, 13 e 14 de xullo.

 Podes consultar toda a información sobre as probas na páxina da CIUG: https://ciug.gal/gal

Video informativo:

PRESÉNTASE "RADIO XOVEN" A RADIO DA FP BÁSICA DO LOSADA

Xa está nas ondas o primeiro programa da "Radio Xoven" do alumnado da FPB do Losada. Trátase do realizado polos rapaces e rapazas do primeiro curso do ciclo básico de carpintaría e moble que publican un interesante percorrido con entrevistas e contidos amenos polos estudos da familia profesional que se ofrecen no centro. Aí deixamos o mesmo, que se realizou no ámbito da materia de Comunicación e sociedade, co profe Esteban e coa colaboración de Pablo Chichas, que está a facer as prácticas de mestrado no centro. Parabéns  pola iniciativa! Escóitao:

NOVIDADE!!! PODES ESCOITAR TODOS OS PROGRAMAS REALIZADOS PICANDO AQUÍ

ABERTO O PRAZO PARA A SOLICITUDE DE BOLSAS DE ESTUDOS PARA BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL

Esta aberto o prazo para a solicitude de bolsas de estudos para o curso académico 2022-2023 para o alumnado que vai cursar estudos de BACHARELATO OU CICLOS FORMATIVOS MEDIOS E SUPERIORES.

O prazo de solicitude remata o 12 de maio. Debe facerse a solicitude obrigatoriamente neste período, aínda que non se abrise o prazo de matrícula nos estudos que se pense realizar.

A convocatoria publicada no BOE pode consultarse AQUÍ

Poden consultarse os requisitos AQUÍ

A solicitude debe facerse de xeito virtual na páxina web do Ministerio de Educación

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Está aberto o prazo de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2022/2023. O procedemento é o seguinte:

Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 21 de marzo.

  • Solicitudes:
    • A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro xunto  coa documentación que se indica máis abaixo.

    • En Sede electrónica, mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada, e neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro.

    • No centro. Hai que recoller o impreso ED550B, cumprimentalo, asinalo e presentalo no instituto xunto coa documentación que se indica a seguir.

  • Documentación que se debe achegar:
    • Fotocopia do DNI ou do libro de familia (páxina na que figure o alumno que solicita praza).

    • Certificado do expediente académico, expedido polo centro no que está actualmente matriculado/a o alumno/a que solicita praza.

    • De se dar o caso, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 


 

DÍA DA MULLER NO LOSADA. EXPOSICIÓN MULLERES VALENTES

Inaugúrase no Losada unha selección de 20 traballos pertencentes a Exposición MULLERES VALENTES da autoría da deseñadora estradense Rosa de Cabanas. Esta actividade inclúsese dentro da celebración do Día da Muller no centro. A mostra encóntrase no corredor da biblioteca e estará aberta ata o 25 de marzo.

Podes consultar máis info no Blog da Biblioteca.

 

CURSOS FORMATIVOS DIRIXIDOS A PERSOAS DESEMPREGADAS NO LOSADA.

Entre os próximos meses de marzo e xuño, serán impartidos no IES Antón Losada Diéguez dous cursos de formación para o emprego (AFD).

Estes estarán destinados preferentemente a persoas desempregadas.

Estes cursos serán os seguintes:

TRABALLOS DE CARPINTARÍA E MOBLE (378 horas)

Do 14/03/2022 a 30/06/2022.

Este curso inclúe un módulo Básico de prevención de riscos laborais de 60 horas.

A proba de selección será o 09/03/2022 ás 10:00 horas no IES  Plurilingüe Antón Losada Diéguez.

Información completa sobre o curso AQUÍ

OPERACIÓNS AUXILIARES DE MANTEMENTO EN ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS (328 horas)

Do 16/03/2022 a 22/06/2022

A proba de selección será o 10/03/2022 ás 10:00 horas no IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Información completa sobre o curso AQUÍ

As persoas que superen satisfactoriamente estes cursos obterán un CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE, que permite a inserción no mundo laboral, nos sectores sobre os que tratan os cursos.

Ademais o alumnado disporá de bolsas e axudas reguladas pola correspondente convocatoria.

A EXPOSICIÓN "CARTAS DE AMOR" NO LOSADA DIÉGUEZ

Dentro do Plan Proxecta 365 días pola igualdade, o corredor da Biblioteca do Losada acolle a mostra de creacións plásticas CARTAS DE AMOR.

Podes consultar máis información e ver máis imaxes NESTE ENLACE.

No blog da Biblioteca tamén tes máis información sobre outras actividades do proxecto: AQUÍ