Taboleiro

ACTUALIZADA A NORMATIVA DE USO DO TELÉFONO MÓBIL NO CENTRO EDUCATIVO

O IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ ven de publicar a adaptación ao contexto covid da normativa de uso dos teléfonos móbiles que recollen as NOFC do centro:

-NON SE PODERÁ UTILIZAR O TELÉFONO MÓBIL EN HORARIO LECTIVO E NO INTERIOR DO EDIFICIO, INCLUÍNDO TALLERES, XIMNASIO E CAFETERÍA.

-PODERÁ UTILIZARSE O MÓBIL NOS PERÍODOS DE RECREO, PERO SÓ NO EXTERIOR DO EDIFICIO E PATIOS CUBERTOS.

-EN NINGÚN CASO, NIN NO EXTERIOR NIN NO INTERIOR, SE PODERÁ UTILIZAR A CÁMARA DE FOTOS E VÍDEOS DO MÓBIL.

Toda a documentación relativa as normas en relación coa situación de pandemia que vivimos pode consultarse, actualizada, no ESPAZO COVID desta páxina.

O ALUMNADO DO LOSADA PARTICIPA NA CELEBRACIÓN DO MES DA CIENCIA EN GALEGO

De xeito virtual, como É costume este curso, o alumnado do IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ participou na primeira actividade organizada con motivo da celebración do Mes da ciencia en galego. En concrteto foron os grupos de 1º de Bacharelato os que puideron ver e escoitar a magnifica charla que a científica galega Sonia Villapol Salgado impartiu desde Houston, tratando un tema de máxima actualidade: "Só a ciencia nos rescatará da pandemia".

Podes consultar toda a información e fotos NESTE ENLACE.

O luns 30 de novembro, o alumnado de 4º participou nunha videoconferencia do profesore e youtubeiro científico Xacobo de Toro. Info e fotos NESTE ENLACE.

CRITERIOS E PROCEDEMENTO DE DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO DA ESO

A Consellería de Educación acaba de publicar os Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado da ESO. A nova pode consultarse neste enlace:

Distribución de mácaras.

No seguinte documento poden consultarse e descargarse as instrucións da orde:

INSTRUCIÓNS

E no enlace que segue pode descargarse o documento de solicitude:

SOLICITUDE

O prazo de solicitude iniciase o 16 de novembro e remata o 27 de novembro. Entregar solicitudes na Secretaría do centro.

RECOMENDACIÓNS PARA UNHA CORRECTA VENTILACIÓN DAS AULAS

A Consellería de Educación acaba de publicar unhas Recomendacións sobre a ventilación en centros educativos no contexto da Covid 19. Podes consultalas no ESPAZO COVID do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, xunto coa actualización do Plan de continxencia e do Plan de adaptación á situación da Covid 19.

Segue o enlace picando na imaxe:

NOVOS MODELOS DE EXAME PARA A ABAU 2021

A Comision interuniversitaria de Galicia acaba de publicar os novos modelos de exames para as probas da ABAU 2021 que manteñen, con lixeiros cambios, a estrutura das probas do presente ano 2020. Poden consultarse no seguinte enlace:

NOVOS MODELOS DE EXAME ABAU 2021

INICIO DAS CLASES NOS CICLOS DE MADEIRA E AUTOMOCIÓN

 O mércores 7 de outubro terá lugar o inicio das clases nos seguintes Ciclos formativos:

 

CM de Carpintaría e moble.

CM de Electromecánica de vehículos e automoción.

 

Ese mesmo día comezarán as clases de taller, módulos específicos, da FPB de Mantemento de Vehículos.

Nesta páxina publicaremos calquera posible modificación deste calendario.

 

Manifesto do Claustro do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

O pasado 22 de setembro, e aproveitado o inicio do curso o Claustro do IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ aprobou apoiar o seguinte comunicado:

Á atención da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia

O claustro do IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, A Estrada- Pontevedra, manifesta o seu rexeitamento ao PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021, polos seguintes motivos:

PRIMEIRO: A improvisación e continuos cambios aos que foi, e está sendo sometido, dito protocolo a poucos días do inicio das clases, o que supón unha inmensa carga de traballo para as direccións e profesores dos centros educativos (engadida á habitual do inicio de curso) e provoca situacións de estrés, ansiedade e depresión dentro do colectivo, que redundará na calidade do ensino. Máis cando dita Consellería tivo catro meses para a súa rigorosa elaboración.

SEGUNDO: A falta de recursos materiais e humanos para poder desenvolver dito protocolo e garantir o desenvolvemento do ensino presencial durante o presente curso, tan necesario para un óptimo proceso de ensino-aprendizaxe e para a saúde integral do alumnado e profesorado.

TERCEIRO: Unha vez máis, o total desprezo cara a comunidade educativa ao non ter en conta a súa opinión, coñecementos, experiencia e profesionalidade na elaboración de dito protocolo. A constitución do Comité Educativo fíxose efectiva o luns 21 de setembro, data posterior a elaboración do mesmo.

CUARTO: A súa uniformidade ao non establecer diferenzas entre centros de primaria e secundaria, nin tampouco entre distintos centros debido ao seu tamaño ou características especiais, que fixeran posible unha flexibilización das normas.

QUINTO: Segundo a OMS, a saúde defínese como: “O estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades”.

Tendo en conta esta definición, consideramos que o protocolo non garante en absoluto a saúde da comunidade educativa.

HORARIOS DAS ENSINANZAS DE PERSOAS ADULTAS. CURSO 2020-21

O IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez publica os horarios e equipos docentes das Ensinanzas de Persoas Adultas.

Poden consultarse e descargarse nos seguintes enlaces:

EDUCACIÓN SECUNDARIA DE PERSOAS ADULTAS (PRESENCIAL E SEMIPRESENCIAL-M3)

1º E 2º BACHARELATO (SEMIPRESENCIAL)

EQUIPOS DOCENTES