Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
ANPAPara o alumnado e familias do IES laxeiro
Sirva de testemuña esta carta que escribiu para vos e para as vosa familias unha profesora do IES Laxeiro. A través dela queremos manifestar todo o que sentimos e e todo que desexamos neste momentos tan duros tanto o Equipo Directivo, coma o profesorado do voso centro.
Avaliación e semana santa Moi bo día a todas e todos, Antes de nada, espero que estedes ben e levando esto o mellor posible. Como sabedes, hoxe fixemos a avaliación, así que mañá, a partir das 13:00 horas publicaranse as notas. Se alguén ten problemas e non lle chegan que mo faga saber, ou por correo ou ao teléfono. Unha profesora do IES Laxeiro
Axudas ao alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolarAXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN DIRECTA.CORONAVIRUS: COVID-19 A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio. E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo. Para mais información ler os arquivos adxuntos
Axudas a alumnado bolseiro do comedor
Instrucións da Secretaría Xeral Técnica
Orde do 27 de marzo axudas comedor
Renovación parcial do Consello Escolar do IES Laxeiro Novembro 2018De acordo coa Resolución do 25 de setembro de 2018, DOG do do 8 de outubro, as Direccións xerais de Recursos humanos e Formación Profesional e Innovación educativa da Consellaría de Educación establecen o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos. Por ese motivo desde a Dirección do centro comunícase que durante o mes de novembro vai ter lugar o proceso de renovación de membros do Consello Escolar do IES Laxeiro polo que nesta renovación se van elixir : tres membros do profesorado, dous membros so sector pais/nais e tres membros do sector do alumnado. O día 5 de novembro vai ter lugar a constitución da Xunta Electoral, órgano que regulará todo o proceso de renovación e que estará formado polo Director do centro, e representantes dos diferentes sectores da Comunidade e que foron elixidos por sorteo celebrado o pasado día 25 de outubro. . Na súa 1ª convocatoria aprobará o calendario do proceso e publicará os correspondentes censos dos diferentes sectores que participen no citado proceso de renovación. Os listados dos censos estarán expostos no taboleiro do centro A partires dese día iranse publicando neste mesmo canle as diferentes publicacións que nas diferentes reunións da Xunta Electoral se decidan. Lexislación: Decreto 324 de 1996 ROC Constitución da Xunta Electoral Calendario de eleccións ao Consello Escolar Información para o profesorado Candidatura de profesorado(Impreso) Candidatura de pais/nais(Impreso) Candidatura de alumnado(Impreso) Constitución do novo Consello Escolar do IES Laxeiro
ESO & BACHARELATO: Proceso de Admisión de Alumnado para 2022-2023ENSINANZAS DE ESO & BACHARELATO Aberto o proceso de admisión para o alumnado de centros públicos e privados non universitarios que desexen reservar praza para o curso 2022-2023 nos centros de primaria e secundaria da nosa comunidade. Os prazos son os seguintes:
Reserva interna para centros adscritos e alumnado que non cambien de centro: 11 de xaneiro a 08 de febreiro. Admisión 'externa' de alumnado que desexe cambiar de centro ou incorporarse a un centro non adscrito: 1 a 21 de marzo.
Uso da aplicación para este proceso: "admisión de alumnado". Desde esa aplicación se pode realizar a solicitude da seguinte maneira: 1. Electrónicamente a través da aplicación https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado para os que posúan DNI electrónico ou similar. 2. Descargar o impreso cuberto da aplicación e presentar a solicitude no centro de 1ª opción. 3. Descargar o impreso da 1ª páxina da aplicación , cubrilo manualmente e presentar a solicitude no centro de 1ª opción Para acceder á aplicación premer neste enlace:https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado.
Prazos do procedemento e Vacantes para o ano 2022-23.
Normativa: Decreto 13/2022, Orde do 12 de marzo de 2013, Orde do 25 de xaneiro de 2017 &Orde do 18 de decembro 2020.
Mapa de influencia & Zonas de influencia
Documentos para cursar as solicitudes nas oficinas do centro: Anexo I Centros adscritos (Galego) & Anexo I Centros adscritos (Castelá). Anexo II Admisión, Anexo II bis (galego) & Anexo II Admisión, Anexo II bis (castelán). De todo o proceso terán información neste mesmo apartado. » Suspensión do transporte escolarDebido ás condicións meteorolóxicas suspéndese mañá , desde as 12:00 horas, ata o xoves día 23, o transporte escolar. En principio non se determina a suspensión da actividade docente, agás que as inclemencias do tempo así o determinaran. Por este motivo, o alumnado de transporte pode vir mañá ao centro pero non teñen garantido o regreso, dado que o servizo podería suspenderse a partires das 12 da mañá. O xoves, en cambio , non teñen garantido o servizo de transporte para acudir ao centro. De todo o que vaia acontecendo, iremos informando vía pweb e con mensaxes a través de móbil. Saúdos
A Dirección Programa de Gratuidade de Libros de texto 2016-2017Publicación das listaxes de adxudicación definitiva e complementaria dos libros de texto para os niveis de 1º ESO e 3º ESO para o curso 2016-2017
Relación de Libros de texto para o curso 16-17 no IES LaxeiroNos arquivos adxuntos aparece a relación de Libros de Texto para o curso 2016-2017. Calquer dúbida consulten na secretaría do centro. -Relación de Libros de Bacharelato -Relación de libros ce Ciclos F.P Quedaban pendentes para setembro as materias de L.Galega de 2º e 4º de ESO Entrega de notas 2015-2016
LUNS, 27 DE XUÑO ÁS 10:00h. Entregaranse na aula correspondente do grupo
Nota: Ese día xa non haberá transporte escolar
Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016Consultar na seguinte dirección: Convocadas as axudas para o Fondo Solidario, adquisición de Libros de Texto e material para o curso 2021-2022Esta convocatoria ten por obxecto regular para o curso 21-22: a) Participación no Fondo Solidario para os cursos 1º, 2º , 3º e 4º ESO b) Axudas para adquirir material escolar. ATENCIÖN.- Para os cursos 1º 2º -3º e 4º ESO no IES Laxeiro tan só se pode pedir axuda para adquirir material escolar, ao ser centro E_DIXGAL. A solicitude será única para todos os fillos que estean admitidos no mesmo centro. A forma de presentación ofrece dúas posibilidades: a) Presentación no centro mediante a solicitude (Anexo I) e Anexo II que pode imprinir nos arquivos adxuntos b) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia no seguinte enlace ENLACE SEDE ELECTRÓNICA PARA A PRESENTACIÓN TELEMÁTICA DA SOLICITUDE. O prazo para a súa presentación remata o 22 de xuño de 2021 (Incluído) Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en
ningún centro docente para o curso 2021/22, deberá presentala no centro en que estivese
matriculado no curso 2020/21. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite
a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido,
que será o encargado da súa gravación e tramitación Devolución do libros de texto 2020-2021 O prazo máximo para devolver os libros de beneficiario(3º e 4º ESO) será o 22 de xuño de 2021 O alumnado de materias pendentes para setembro terán como prazo o 7 de setembro A devolución dos libros é condición indispensable para ser beneficiario no seguinte curso. Para máis información consultar no Portal da Xunta , na aplicación FONDOLIBROS ,na secretaría do centro e nos seguintes arquivos: 1.- Impreso de solicitude via presencial Anexo I 2.- Impreso comprobación datos Anexo II 5.- Manual do cidadán. Fondolibros
AVISO: Desde mañá , día ___ de xullo, xa están á dispor dos interesados/as os vales de material para o curso 21/22. Poden recollelos na secretaría do centro en horario . de luns a venres, de 10:00 h. a 13:00h. Para alumnado promocionado en xuño e que xa está matriculado.
» |
Novos números
|