RECLAMACIÓNS AS CUALIFICACIÓNS FINAIS. PROCEDEMENTO E PRAZOS. 2023_24

14/05/2024 17:48
30/07/2024 17:48
Europe/Madrid

 

2º BACHARELATO - MAIO&XUÑO

TRÁMITES E ACTUACIÓNS

MAIO

XUÑO

Revisión co centro

Solicitude revisión no centro das cualificacións finais

20  e 21

17  e 18

Resolución da revisión no centro e comunicación á persoa interesada

Data límite: 22

Data límite: 19

Reclamación ante Dirección Territorial

Solicitude de reclamación ante a DT (se persiste o desacordo)

23-24

20-21

Comunicación a IE da relación de alumnado que presentou reclamación para elevar á DT

Data límite: 24

Data límite: 21

Envío expediente á DT (a través da sede electrónica)

Data límite: 27

Data límite: 24

ESO e BAC - XUÑO

TRÁMITES E ACTUACIÓNS

PRAZOS

Presentación

Reclamación formal ante a dirección

Dous días hábiles desde o día seguinte á comunicación

Revisión no centro

Decisión de modificación ou ratificación da cualificación final (Informe do equipo docente ou departamento didáctico)

Primeiro día hábil a aquel en que finalice o período de solicitude de revisión

Reunión extraordinaria para revisar o proceso de adopción da decisión de promoción ou titulación á vista das alegacións realizadas

Dous días hábiles desde a finalización do período de solicitude de revisión

Comunicación da decisión (a resolución da revisión nesta fase correspóndelle en todo caso á dirección do centro) ao alumnado reclamante e á persoa docente titora

Día lectivo hábil seguinte

Anotación nas actas de avaliación, e, no seu caso, no expediente e no historial académico, da oportuna dilixencia (secretaría do centro) no caso de modificación dalgunha cualificación final

Tras o proceso de revisión

Reclamación ante a Dirección Territorial

Reclamación ante a Dirección Territorial (se persiste o desacordo)

Dous días hábiles desde o día seguinte á comunicación da decisión adoptada.

A dirección do centro debe remitir o expediente de revisión no prazo de dous días hábiles coa documentación relacionada

Anotación nas actas de avaliación, e no seu caso, no expediente e no historial académico, da oportuna dilixencia (secretaría do centro) no caso de modificación dalgunha cualificación final

Tras o proceso de revisión

FP

TRÁMITES E ACTUACIÓNS

PRAZOS

Presentación

Reclamación formal ante a dirección.

Dous días lectivos ou, se é o caso, hábiles desde o día seguinte á comunicación.

Revisión no centro

Traslado por parte da dirección do centro ao departamento correspondente para a emisión do informe oportuno.

Cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da presentación da reclamación.

Logo de recibido o informe do departamento, a dirección emitirá resolución ao respecto.

Comunicación da decisión ao alumnado reclamante, e á persoa docente titora.

Reclamación ante a Xefatura Territorial

Recurso de alzada ante a Xefatura Territorial, cuxa resolución agotará a vía administrativa.

Prazo máximo dun mes a partir da súa notificación.

NORMATIVA APLICÁBEL:

No relativo aos ciclos formativos de FP

-ORDE12xul2011, pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial - A45 (Reclamacións sobre as cualificacións).

No relativo ao resto de ensinos do centro

-ORDES polas que se establecen a ordenación e o currículo e se regula a avaliación das distintas etapas na CAGZ.

-Instrución 10/2023, DXOIE, pola que se establecen para o curso 23/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no 2bac ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

 A DIRECCIÓN

LALÍN, 14maio2024

 

AdxuntoTamaño
alumnado_reclamacion_cualificacions_prazos_2023_24.pdf362.99 KB
instrucion_10_2023_prazos_reclamacions_2o_bac_sin_dx.pdf465.25 KB