Números anteriores

PREME NA LIGAZÓN INFERIOR

Enviado por admin o Lun, 21/06/2010 - 12:17

REVISTA UMBRELA NÚMERO 20

https://sites.google.com/site/revistaumbrelano20/

Índice:

• Un monótono espertar............................................................

• A quinta parte da túa mente...................................................

• Que bonita a vida..................................................................

• A araña................................................................................

• Un soño...............................................................................

• Tó.......................................................................................

• Carta protesta.......................................................................

• O mundo tal e como é...........................................................

• Que hai no despacho de Carolina?...........................................

• Esperanza.............................................................................

• Miña amiga... ......................................................................

• Conque... de festa?................................................................

• Os meus palacios semi-vitais...................................................

• Trazos. Pinceladas autónomas e independentes.........................

• Anatomía do ticket.................................................................

• Manxadoira...........................................................................

• Radio Ons............................................................................

• Radio Ons: Guillerme, de Quempallou......................................

• Ops! (O Português Simples) ...................................................

• Visita á Casa do Concello de Bueu e ao Museo Massó.................

• Imos ao FICBUEU..................................................................

• Teatro en Vigo......................................................................

• Concertos didácticos..............................................................

• Artistas!...............................................................................

• Profe, imos ao taller?.............................................................

• Visita a Augas de Mondariz e á Abella Lupa...............................

• Serra do Courel.....................................................................

• Incomunicados na neve.........................................................

• Orientación e Sendeirismo......................................................

• Torneos deportivos.................................................................

• Escalada en Donón................................................................

• Campionato galego de Remoergómetro....................................

• Regata en Marín....................................................................

• Samaín................................................................................

• Magosto...............................................................................

• Carreira solidaria “Save the children”........................................

• Nadal...................................................................................

• Entroido...............................................................................

• 25 de Novembro....................................................................

• Plan Director para a Convivencia..............................................

• 8 de Marzo............................................................................

• Talleres de Ciberacoso e “Navega con Rumbo”...........................

• Conferencia sobre cultuta física, deporte e absentismo escolar.....

• V Xornadas de Orientación Académica e Profesional...................

• París....................................................................................

 

https://sites.google.com/site/revistaumbrela19/

REVISTA UMBRELA Nº 19

 

 

 

 

 https://sites.google.com/site/umbrela18/

REVISTA UMBRELA Nº 18

 

 

Círculo Polar.

 

Sara Menduíña Soage 4º.

A noite bailaba sen bragas e o ensoño da neta da Terra almorzaba estrelas roubadas que residían en multinacionais feitas a carboncillo.

Os invernos nas cortinas devoraban os tellados sorrintes nos que cunha escaleira enchías a lúa cando pisabas o terceiro vagón no que o veciño da ventá baixaba as fiestra e os pantalóns e arrincaba cos oídos cheos de lama a sombra inalcanzable e do caparazón do fogo.

Pisou o desexo de madeira mariña mollada e os pesadelos da parede onde os paxaros planeaban cando a cafeteira destruía as xaulas onde sentía auga dun tempo salgado que facía percorridos pola cidade do teléfono sen número de regreso ao hotel.

O vapor de auga da árbore voa sen refuxio no interior do centro vermello que enxaulado gritaba un caramelo asinado por un novembro sen cansancio. E a tarxeta arrincou o papel do vestido do vento que sobrevoou o instinto do vaqueiro furado no fume que agacha as mozas que non precisan de demasiadas chaves para saltar os muros afumados do televisor e bailar a choiva cos canles abandoados polo ce que se proclama perdedor da súa memoria e do caixón que non a alcanzou.

Non precisaba auriculares nin batedoras para almorzar pó con incertidume no vaso da mesa de noite.

Apagouse a estación e as mans bailaron cos cambios de diferentes letras e tamaños e mirillas con cristais abertos nos monstros telepáticos do continente que rouba o pensamento e átao á mesa indecisa dun prato sen sentido do animal extinguido.

Os indios morrerán por todo e faltarán a maioría das tendas do cristal roto por unha camisa salvaxe da ondaxe das pedras mariñas. E os días devoran as sabas e as cadeiras nas que escoitan o espello da pulseira perdida e sobrecollida na parte de atrás da serpe en branco e azul dóce con sabor a luces de soños que non lles salvarán a vida aos beizos que preparan o café coa cafeína da bebida dos ollos sen fondo e con follas sen acabar de descubrir. Débesme tres mil cóxegas que se esvaran pola planta do pé do dereito e do revés pero terás que separarte da fraqueza do amor polo fondo dos ósos. O reloxo mata os ollos e as sabas fan eco co son do tic e do tac golpeado polo dedo dun inocente que sabe que todo se converterá no pó dunha constelación dalgunha esquina roto por un despiste eléctrico. Asubías e acéndese o pluscuamperfecto do seu círculo polar.

 

 

https://sites.google.com/site/umbrelano17/

REVISTA UMBRELA Nº17

 

https://sites.google.com/site/revistaumbrelanumero16/

 

REVISTA UMBRELA NÚMERO 16

 

 

 






_____________________________________________________________________________________________________________________________________________



Becas High School.

Nadir Simes Méndez 4ºA

 

 



Todo comezou un día de novembro no que a mestra de inglés colocou un cartel na clase dunhas bolsas de estudos para ir a EEUU a estudar 1º de Bacharelato. Ao velo picoume a curiosidade, así que fun á páxina web das bolsas de estudo para informarme máis. Lin todo o que alí aparecía e decidinme a probar sorte despois de comentalo coa miña nai. Reunín todo o necesario nos seguintes días e, cando tiven todo, envieino.

 

Uns cantos días despois de rematar o prazo saíu a lista dos preseleccionados e alí figuraba o meu nome. Debía ir facer un exame de nivel de inglés e unha entrevista á Coruña e, como cadraba un venres no que tiña un exame, fíxeno antes e marchei á hora do recreo.

 

Chegamos á Coruña ben de tempo, entreguei a documentación na entrada e os preseleccionados entramos nun salón de actos onde nos explicaron un pouco como ía ser o exame: 45 minutos serían de ‘listening’ sen repeticións e sen parar e outros 45 minutos de ‘writing’. O exame empezou. Notábanse os nervios e a tensión no ambiente. Eu perdinme nun exercicio ao final do listening e contesteino ao chou e o writing remateino antes de que rematara o tempo, polo que puiden revisalo e atopar e corrixir algún que outro fallo. Canto rematamos entraron os pais e foron chamando aos primeiros que farían a entrevista. Aos demais, mentres esperabamos, explicáronos un pouco e resolveron dúbidas sobre todo o proceso.

 

Por fin, chamáronme con outros estudantes e subimos á primeira planta. Unha vez alí sentamos nuns sillóns mentres que esperabamos a que nos chamaran. Todos estabamos moi nerviosos e calados pero, despois dun rato de silencio absoluto, comezamos a falar sobre o exame, de onde eramos e cousas así para matar o tempo.

 

Chamáronme e, despois de que me desexaran sorte, esperei diante dunha porta por uns minutos e abriume unha señora. Pasei e alí estaban os meus entrevistadores, observándome. Sentei nunha cadeira diante deles, saudáronme e comezou a entrevista, primeiro en inglés e logo en español. Preguntáronme bastantes preguntas variadas, que eu respondín. Penso que debín ensaiar un pouco posibles preguntas antes de entrar pero en fin… Cando rematei a entrevista saín de alí despedíndome dos que aínda estaban na sala de espera. A verdade é que saín bastante decepcionada comigo mesma, xa que puiden facelo mellor (polo menos a entrevista) pero os nervios non mo permitiron. Pensaba que non me ían conceder a bolsa de estudos, era algo imposible, irreal.

 

Que sorpresa cando, días despois, saiu a lista dos seleccionados e alí estaba o meu nome… Incríble! Podía ser iso posible? Si, era certo, concedéranme a bolsa de estudos. Uns días despois unha das que me fixeran a entrevista chamoume para rematala por teléfono. Para a próxima reunión tiña que preencher un formulario sobre min, facer unha carta para a miña futura familia de acollida e meus pais outra (despois de insistirlles moito) que logo traducín ao inglés e enviei todo por correo electrónico. Os papeis que había que entregar en man eran sobre vacinas e a mestra de inglés tamén tiña que cubrir un papel polo que tiveron que chamala, xa que estaba de baixa. Na reunión felicitáronnos e explicáronnos máis detalladamente todo.

 

Tamén tiven que enviar por e-mail as notas do primeiro trimestre de 4º e o pasado 21 de xaneiro houbo outra reunión á que asistiu o embaixador dos EEUU e onde nos entregaron as acreditacións das bolsas de estudo.

 

A idea de ir estudar primeiro de Bacharelato en EEUU é moi excitante e… estraña. Dentro duns meses diranme a familia que me elixiu, xa que son eles os que o fan e non cobran nada por isto. O que si teño que facer é mellorar o meu inglés para que, cando chegue alí, me sexa máis fácil e rápido adaptarme.

 

 

A tropa de trapo.

En novembro de 2011 visitáronnos os da Tropa de trapo, mostrándonos un espectáculo de contos e cancións con instrumentos de corda e percusión. Ademais do espectáculo tamén ofreceron un obradoiro baseado no seu traballo para os alumnos de 1º . A actividade foi organizada e coordinada por Xoán, profesor de l. Galega e apoiada pola Biblioteca e os departamentos de Música eL.Galega.

 

https://sites.google.com/site/revistaumbrelano15/

 

Cartas de amor

Premiadas o 14 de febreiro.

 

 

1º premio:

Aida Carballo 2ºB

Premiadas o 14 de febreiro

 

 

Ponte na praia de Area de Bon". Raquel Iglesias 4A.

Querido Nandi:

            Sei que nunca terás esta carta nas túas mans, nin a lerás como me gustaría que o fixeras, pero tamén sei que esta carta está gravada no teu corazón e perdurará nel para sempre.

            Gustaríame expresarche como estou, mais, sinto que non podo. Non sei explicarcho pero si sei que desde o día que te tuches algo falta en min, coma un anaco da miña vida. Ausencia... si, ausencia sería a explicación máis precisa. Aquela mirada, aquel sorriso, aquela voz... onde está todo aquilo? Na miña mente, no meu corazón pero aínda así non entendo como xa non estás aquí para mostrarme.

            Desde hai uns meses teño un desexo. Un abrazo. Dirás ti, "un abrazo"? Menuda estupidez, pois sí, un abrazo. Necesito que me abraces eos teus brazos, envolvéndome e apertandome forte e despois un bico, un bico na meixela traspasándome todos os sentimentos: amor alegría, cariño... todo iso que agora me falta, e boto de menos. Só ti podes lograr a miña total felicidade.

            Hai moitísimas cousas que dubido, pero hai una que estou segura que ocorrerá: volverémonos topar. Non sei moi ben onde estás, tampouco sei onde estou eu, nin que fago aquí sen ti, pero preciso verte xa. Aínda que só sexa una vez; pero asegúroche que será o día máis bonito das nosas vidas. Cumpriremos todos aqueles soños que nos quedaron pendentes.

            Eu quixera esperar a túa contestación, e, aínda que non a reciba sei que desde onde esteas, mandarasme o que che pido, e que conseguirás atoparme, onde ti máis eu sabemos, no país dos soños

            Estráñote moito. Moitas veces penso en ti, poderíase dicir que continuamente e..., cando pronuncio as malditas palabras: "Xa non estás", choro. Volvo pensar en ti e choro. Bágoas, tan só bágoas... e, por que? Porque te quero moito, e xamais te esquecerei.

Quérote.

 

2º premio: Andrés alvarez 1ºA

 

Querido meu:

            Xa hai máis dun ano que nos coñecemos e a nosa relación é cada vez máis forte. Recordo moi ben cando te vin por primeira vez, aló polo mes de novembro do ano 2008, Eu esperábate no porto de Bueu e ti viñas de Málaga nunha furgoneta cuns coñecidos de meu pai. Nada máis verte souben que era amor a primeira vista, sabía que a nosa relación ía ser intensa e que nos esperaba un gran futuro.

            O tempo estame a dar a razón, todo o mundo sabe que cada vez estamos máis compenetrados. Nós tamén o sabemos, só cun roce ou una mirada xa sabemos o que hai que facer

 

               

"Praia de Panxón". Raquel Iglesias 4ºA

 

         Xa temos feitos uns cantos quilómetros xuntos, encántanos viaxar. E tanto nos gusta que esta finde pasada xa comprarnos os billetes para viaxar a Gijón na Semana Santa. Sei que estamos igual de ilusionados por coñecer os mares de Asturias e eu estou seguro de que alí a nosa relación medrará.

            Despois, no mes de xuño, sairemos por primeira vez da Península Ibérica para viaxar a Palma de Mallorca. Alí volveremos a ver algúns dos amigos que coñecimos o ano pasado en Salou.

            Entristéceme saber que algún día ímonos separar e non volverei a ver a túa pel branca e resplandecente cortando as ondas do mar, pero antes de que chegue ese día prométoche que iremos ao campionato do mundo.

Unha forte aperta meu querido optimist.

 

3º premio: Claudia Costas, 2ºB

 

Amado meu;

            Sinceramente, escríboche esta carta con todo o meu corazón, pero as palabras non poden transmitir tal e como é o que sinto.

            Agradézolle tanto á vida que me permitira coñecerte. ..es a única persoa que foi capaz de "facer que me sentira viva...

            Xa van corenta e sete días que non vexo os teus fermosos ollos, ai veces que non recordo se son verdes ou marrónS pero o que sei é que son os mais doces do mundo... se puidera describilos, diría que son uns ollos feitos para miralos. Estoume decatando de que sen ti non podo ser feliz, non podo vivir, non sei que facer con todo o moito que te amo, con todo o que sinto...

            Con ansias, desexo volver ó teu lado, desexo volver a ver o teu sorriso, que pode iluminar unha cidade enteira e por riba de todo desexo volver estar contigo todo o tempo posible. A espera para poder Verte fáiseme eterna, non deixo de pensar nin un minuto en ti e dóeme moitísimo o feito de non poder abrazarte.

            Creme, ninguén logra encher este bacío tan profundo que hai dentro da miña alma, da mina mente e sobre todo do meu corazón. A túa ausencia dóeme demasiado e non sei se Vou aguantar toda esta agonía. A idea de non poder verte todos os días vaime matando pouco a pouco por dentro. Sinto coma se toda a tristeza estivera dentro do meu corpo.

            Fáltame a túa mirada, esa mirada tan doce... nestes momentos só quero gritar... nada me queda sen ti... cada día que paso sen Verte paréceme o peor da miña vida, pero o seguinte é moito peor cao anterior, e así un día tras outro... Os días sen ti son tan escuros...tan largos...tan grises...tan absurdos...parece que as horas non teñen nin principio nin fin- Todo é coma se non tivera cor, nin son e nada ten sentido.

            A verdade, non sei como rematar esta carta... mellor dito, non ten final, se por min fora, quedaríame toda a vida escribíndoche todo o que me pasa, pero estanme afogando as bágoas e empeza a faltarme o aire, xa non podo respirar, non aguanto máis, amor, preciso verte. Con todo o meu amor

            Con todo o meu amor.

 

 

"Praia de Area de Bon". Raquel Iglesias 4ºA

https://sites.google.com/site/umbrela14/

 

Estrella Pérez Porto 4ºA.

 

O verán de 2009 foi moi especial para min. Os meus coñecementos como cantante aumentaron neste ano e grazas a isto novas portas se abren aos meus pés.

 

Cada vez noto que o meu soño está máis preto e non me canso de empregar todas as miñas forzas para que isto pase axiña.

 

As cualificación de 3º de ESO no instituto foron moi boas, polo que tiña tres meses de verán para dedicalos ao que me gustaba: a música, cantar, cantar e cantar.

 

Pero as cousas complicáronse en canto ao conxunto no que estaba: tiñamos pensado percorrer todo O Morrazo cantando de festa en festa, ou de celebración en celebración, onde nos chamaran, pero por causas persoais dos compoñentes só puidemos ir a un par de eventos. Despois cada un tivo que marchar para traballar.

 

Vinme soa. As  ilusións esgotábanse. Non sabía que facer nin a quen recorrer, xa que por aquí non é que a xente estea polo labor de montar un grupo.

 

 Chea de fustración, no mes de Xullo, visto o visto, marchei para o único sitio onde  podía pensar e recuperar as ganas, como outras veces me ten pasado, si, collín a miña maleta e marchei para a miña illa de Ons.

 

 Meus avós animáronme a saír adiante soa e dixeronme que se algo quería algo me ía costar.

 

Despois dun mes alí sen ninguén máis que meus avós sentei a cabeza e empecei a facer chamadas a tendas de aparellos para poder reproducir a música que eu cantaba. Comparei prezos e cheguei a conclusión de que tiña que ir traballar para, polo menos, comprar un amplificador, un par de altofalantes e un micrófono. Así foi: sen perder máis tempo falei cun curmán de meu pai para que me contratase no seu asador en Portonovo como camareira. O soldo era moi bo. Collín o barco e unha semana despois alí estaba vestida de branco co mandil amarrado á cintura e o bloc de camareira na man.

 

 

 

Traballei moito ata xuntar os cartos. Vin a terra, deille os cartos a miña nai e ela encargouse de mercar todo o necesario para o meu primeiro show en solitario, como non, na primeira festa do verán a da miña illa de Ons.

 

Estabamos a 7 de Agosto, a dúas semanas da festa na illa. O tempo corría na miña contra e tiña que seleccionar as cancións coas que ía facer a festa. Unha vez coa lista nas mans faltaba o máis importante: a persoa que me pinchara a música para poder cantar.

 

Pensando e pensando veume á cabeza o dj do ano pasado: Manu. Non dubidei en chamalo, porque ademais atopábase nese momento en Ons. Faleille da miña situación e aceptou botarme unha man.

 

Xustamente Manu estaba traballando nun dos locais máis grandes de alí e tamén o máis visitado por turistas. O xefe, amigo da miña familia e meu, enteirouse do asunto e falou comigo, puxo ao meu servizo o seu local nas festas para  poder pór en marcha o show.

 

Ese día o sol brillaba con toda a súa forza, como as miñas ilusións, que se ergueron do abismo onde estaban para seguir o meu soño de ser cantante e poder demostrar a milleiros de persoas que eu non vivo da música, senón que vivo pola música en todos os seus sentidos.

 

Chegado o día 18 volvín coller a maleta e o equipamento e marchei outra vez para a illa. A festa estaba para celebrarse e facía falta ter todo preparado para o gran día. Os turistas, nativos, amigos e coñecidos, non tardaron en darse de conta de que outro ano máis e soa ía montala nas festas.

Os ensaios estaban de medo: todo tiña boa pinta.

 

Chegou o gran día: a miña familia de Bueu e de Ons estaba comigo dándome ánimos para esa noite. Recoñeceron que estaban moi orgullosos do que fixera e meus pais chegaron a emocionarse moito.

 

Miñas tias Berta e Vanesa convertéronse por dúas noites en maquilladoras, perruqueiras e deseñadoras, todo o necesario para que esa noite brillara máis que unha estrela como o meu propio nome indica.

 

O día 21 todo estaba dito, o dono do local chamoume ao móbil para avisarme de que o local desbordaba e que ás 12 estivera alí. Ás once e media baixei para Curro(núcleo de casas donde estan os locais de Ons), pero antes pasei pola igrexa. As orquestras tocaban para poucas parellas, que estaban tomando o fresco. Entrei na igrexa, púxenme de xeonllos aos pés do patrón da miña illa, San Xoaquín, e deille as grazas por axudarme a conseguir sacar forzas un mes antes, para esa noite comezar a cumprir o meu soño. Coa mesma subín ao local pola porta da cociña: nervios fóra e saín ao escenario.

Aplausos, berros co meu nome,  ledicia, emoción, estaba no máis grande paraíso a xenté respondíame á perfección e cada vez viña máis a verme cantar. Acabamos ás catro da mañá e con ganas da seguinte noite.

 

Así foi o día 22. Os mesmos preparativos da noite anterior, de novo no mesmo local, pero antes de empezar o dj cortoume o micro e para a miña, sorpresa toda unha illa chea de xente comezou a cantarme o “cumpleaños feliz”. Si, esa noite cumpría 16 anos.

 

Miña nai non paraba de chorar e eu chea de alegría e forza arranquei o show con máis ganas e coraxe aínda.

 

Ao remate todo eran felicitación, bicos, autógrafos, fotos, etc...pero entre a multitude de xente, achegouse a min unha muller co ofrecemento de cantar na súa voda. Aceptei sen pensalo e o meu dj apuntouse a botarme outra man.

 

Uns días despois chamoume tamén o curmán de meu pai e xefe meu meses antes,  dicíndome que era a festa da Lanzada e un home que frecuentaba o asador me oíra cantar cando traballaba e animaba as comidas coa miña voz e queríame contratar xunto co dj para cantar nesas festas.

 

 

 

Os contratos foron seguidos un detrás dos outros e cada vez espero darme a coñecer máis para poder chegar ao meu gran soño: cantar nunha gran orquestra como a Panorama.

 Porque lembrade: eu non vivo da música senón que vivo para ela.

( categories: )

PREME NA LIGAZÓN INFERIOR

Enviado por admin o Mér, 17/03/2010 - 05:23

REVISTA UMBRELA Nº 13.MAIO 2009

 

A chamada misteriosa.

Elena Mtnez.  4ºA

 

Todo sucedeu un 28 de xaneiro de 1986, nunha fría tarde
de domingo. Eu dispoñíame a pasala coas miñas amigas, celebrando o meu
aniversario.

Cando me atopada no cuarto, cambiándome de roupa, soou o
meu móbil. Descolguei apresuradamente pensando que a voz que escoitaría sería a
de Sheila. Pero equivoqueime. Comecei  a
oír un ruído estraño, seguido dunha voz non moi clara.

Parecía falar nun idioma estranxeiro, que eu descoñecía.
E, por moito que intentaba cortar a conversa, aquela voz non cesaba.

Despois dun tempo escoitando atentamente, comecei a
recoñecer algunhas das palabras. Tratábase de inglés, pero non do que eu
acostumaba oír, senón de inglés americano.

Ao fondo tamén alcanzaba a escoitar outras voces. Todos
semellaban nerviosos. Unha sensación de que algo importante sucedería
percorreume o corpo.

Atopábame tan absorta na conversa que me sobresaltei
cando oín o timbre. Abrín. Ao outro lado da porta, Sheila e Belén agardaban por
min. O reloxo marcaba as 17.30.

Regresei ao meu cuarto a buscar o bolso e decateime de
que o móbil seguía acendido. Volvín levalo á orella e escoitei algo que me
resultou familiar : unha conta atrás. “-Ten, nine, eight, seven, six, five,
four, three, two, one, zero...”

Aquelas voces calaron por un momento.

 

 De súpeto, numerosos gritos de terror inquedáronme.  

Uns segundos máis tarde, o meu móbil apagouse por causa
da batería baixa.

Sentei na cama incapaz de entender o que acababa de
suceder.

Decateime de que as miñas amigas seguían na porta,
agardando. Marchámonos.

Pasamos unha tarde moi divertida, aínda que eu non puiden
deixar de cavilar sobre aquela estraña chamada.

Cando cheguei á casa, todos se atopaban mirando o
telexornal. Eu dirixinme cara ó meu cuarto para deixar as cousas. Para a miña
sorpresa, as voces que chegaban da cociña coincidían coas que oíra a través do
meu móbil unhas horas antes. Corrín cara alí.

Na televisión retransmitían unha imaxe: o transbordador
espacial Challenger, despegando do
Cabo Cañaveral e desintegrándose un minuto despois, acabando coa vida dos seus
sete tripulantes.

 

 

 

( categories: )

Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Mér, 01/04/2009 - 04:39

REVISTA UMBRELA Nº 12

 

O
Recuncho de Josuha.

 

Josuha
Acuña Martínez 4ºB

 

Ola
compañeiros! Tiven a sorte e o pracer de facerlle unha entrevista a
Guillerme Ignacio, o compoñente do grupo Quempallou! Estiven falando
con el unhas horas e facéndolle algunha que outra pregunta, e aquí
tedes o resultado desa marabillosa mañá que pasamos. Dende o
Recuncho de Josuha para a revista Umbrela en exclusiva, a entrevista
a Guillerme Ignacio!

Entrevista
a Guillerme Ignacio

J
- Xa cumprides 10 anos en Quempallou! Como vos sentides vendo que á
xente lle encanta a música que facedes?

G -
Sentímonos moi ben, xa que á xente lle encanta escoitar a nosa
música e é o que nos motiva para continuar e seguir dando brasa!

J
- Cando che comezou a interesar o mundo da música?

G -
Prácticamente dende primaria, coa miña primeira frauta. Naquel
tempo non tiñamos música, e apunteime ao coro infantil de Beluso, á
Asociación Folclórica Novos Ventos e foi alí onde aprendín a
tocar a gaita, aínda que o deixei axiña. Nese momento, estaba en
quinto de primaria. Á parte daquel coro, estiven noutros tres: o
Coro de Beluso, o coro do instituto Johan Carballeira e o coro
"Quodlibet" ("Como Queirades") , un coro
inaugurado polos propios alumnos do instituto, que estivo en
funcionamento durante catro ou cinco anos. Tamén estiven en
Manxadoira, onde Lito me deu clases de gaita.

J
- Estiveches polas casas recollendo algunha que outra cantiga ou só
hai nos discos cantigas tradicionais xa coñecidas?

G -
Mentres eu estaba estudando en Pontevedra, coñecín a unha
asociación de recollida, e animeime a facer o mesmo que facían
eles. Levo buscando cantigas polas casas de toda Galicia e Asturias,
dende 1998 ou 1999, e introducimos moi poucas nos nosos discos, coma
o "Canto de Serán" que está no disco de "Quempallou:
Estremonías", pero sempre queremos que nos nosos discos haxa
principalmente composicións nosas baseadas na música tradicional.
Polo menos o 80% do disco son composicións nosas.

J
- Que vos animou a formar un grupo?

G -
Eu e máis uns amigos de Manxadoira, formamos un cuarteto, e máis
adiante coñecera a Roi, que é do Incio e toca o acordeón. O grupo
formouse polas circunstancias no Festival da Facultade (de
Maxisterio). Resulta que naquel festival non había ningún grupo
folc, entón decidimos tocar o noso cuarteto (dúas gaitas, unha
pandeireta e un tambor) con Roi (acordeón) e con Guillerme Lamosa e
David. Dende aquel día, decidimos crear unha maqueta, coa cal
participamos en concursos, e conseguimos no II Concurso de Grupos
Folc Noveis Radio Obradoiro o primeiro premio e no II Concursu de
Música Folk Cuartu los Val.l.es, o segundo premio en empate co
vencedor. Despois de obter estes premios , decidimos buscar unha
discográfica que nos acollera para gravar os nosos discos, que foi
"Zouma Records".

J
- As cantigas son todas populares ou facedes algunha vós?

G -
As cantigas son todas tradicionais, pero todas feitas por nós. Son
cantigas que nos motivan, festeiras, alegres, e algunhas con carácter
social, co que lle preocupa ao pobo galego. Esas cantigas danlle
contido ás nosas palabras e ás que nos escoitan. Ás veces é
necesario crear.

J
- Antes deses tres discos que xa levades, houbo unha maqueta, pero
esta saiu á venda ou non?

G -
Non, só se empregou para os concursos e para a discográfica, aínda
que tamén se escoitou pola radio, e esa maqueta introducímola no
noso primeiro disco.

J
- Cómo foi a experiencia de colaborar con "Dios Ke Te Crew"?

G -
Marabillosa. Vímolos actuar nun concerto de Pastoriza, en Lugo, e
falamos con eles para facer un tema conxunto no noso disco
(Quempallou: Polo aire!) mesturando os dous estilos:
hip-hop e folc. Isaac fixo a base instrumental e eu fixen parte da
letra, o retrouso e o final. Despois mandámoslles os nosos anacos
feitos a Dios Ke Te Crew, e eles fixeron marabillas
compoñéndoo dando as súas pinceladas e a súa parte da letra,
creando así ese magnífico tema. Foron realmente encantadores e moi
profesionais. A coda final realízana as pandereteiras de "O
Tear de Llerén".

J
- Tamén ti tés colaborado con algúns grupos?

G -
Si, fundamentalmente colaborei con
Avelaíña
no seu primeiro disco compoñendo temas e facendo algún que outro
arranxo e despois colaborei con eles no seu segundo disco. Tamén
colaborei con
Mutenrohi
no seu último disco (
Mutenrohi:
Sete),
tocando unha requinta en fa. Colaborei tamén con
Skarnio
e con
Skacha,
tocando a gaita, a frauta, e dando unhas cantas pinceladas de folc.

J
- Cando vas polos seráns, a xente coñécete e pídeche autógrafos,
ou trátante como unha persoa máis que está na foliada?

G -
Nos seráns coñeces a moita xente e escoitas a moitas máis que se
moven en grupos e tocan alí as súas pezas. A xente que me coñece,
ás veces sorpréndese e saúda, pero eu actúo con naturalidade e
para min non é inconveniente firmar algún que outro autógrafo.

J
– Á parte de traballar no grupo, tamén tés outros traballos,
como o de profesor de canto e pandeireta en "Retrouso", ou
o de profesor de música de primaria. Cómo te sentes podendo
ensinarlle a nenos aos que tamén lles gusta a cultura galega?

G -
Moi ben. É un luxo, é moi interesante ensinarlle aos rapaces a
cultura galega e, sobre todo, ver que se divirten aprendendo o que
lles gusta.

J
- Tés outros proxectos de cara ao futuro?

G -
Si, agora estou preparando co grupo a xira de
Quempallou
que celebra o noso décimo aniversario. Será para marzo e
mesturaremos temas dos tres discos anteriores con temas novos que
introduciremos no noso próximo disco. Tamén estou facendo un disco
con José Piñeiro, o Gaiteiriño de Aldán, para a colección do
Cumio "Os Nosos Gaiteiros"; e un novo disco de "O Tear
de Llerén", e o que vaia xurdindo. E seguir sempre de recolla.

( categories: )

Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Mér, 01/04/2009 - 04:17

revista umbrela nº 11

Gotas

crávanse
como dagas

no
meu corazón.

Tristeza
no teu rostro:

puro
inferno

que
non podo evitar.

( categories: )

Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Lun, 16/02/2009 - 09:31
( categories: )

Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Lun, 16/02/2009 - 09:26
( categories: )

Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Lun, 16/02/2009 - 09:18

REVISTA UMBRELA Nº 7. ANO 2005

AS
HISTORIAS DO MEU AVÓ

Jéssica
Barreiro.

 

Moitas historias ten meu avó en toda a súa
vida de mariñeiro.

 UN DÍA A PESCAR
ROBALIZAS

Un día de maio, tendo meu avó dez anos, saiu  pescar nunha dorna cun señor chamado Miguel
Graña que era o patrón. Meu avó preguntoulle a Miguel onde ía ir pescar e el
díxolle que ían ir para  a Illa de
Ons.Comezaron a ir para a Illa e botaron catro horas e media para chegar alá.
Puxéronse a pescar as robalizas e botaron todo o día para pescar trinta ou
corenta quilos; aínda que era un peixe que abondaba , eran moi malas de pescar,
porque cando as miraban todas xuntas tiñan que ir detrás delas bogando.

 Levaban dez minutos con esa brisa cando o
patrón lle di a meu avó: bota a vela para abaixo!. Meu avó quixo saber por que,
e o patrón entón explicoulle  que ían
morrer...

 Iscábanlle os anzois con bolos vivos,
enganchándoos polo lombo
ou polos ollos.

 Ao anoitecer recolleron todas as liñas e foron bogando
para a terra, o mar estaba calmo,
pero ao ir chegando á punta de Udra, subiron
a vela ,pois parecía que se levantaba unha brisiña. Levaban dez minutos con esa
brisa cando o patrón lle di a meu avó: bota a vela para abaixo!. Meu avó quixo
saber por que, e o patrón entón explicoulle 
que ían morrer, meu avó non o cría, comezou a mirar cara un lado e cara
ao outro e só vía unhas nubes escuras, o patrón sospeitaba que esas nubes ían
traer un ciclón de vento, pois no mes de maio abundan as tronadas e as tronadas
de maio son moi perigosas.

 

...puxeron
rumbo a Portonovo buscando a empopada,
estaban moi asustados porque lles parecían que ían polo aire...

  Así foi, en canto lle deu tempo a baixar a
vela, puxeron rumbo a Portonovo buscando a empopada,
estaban moi asustados porque lles parecían que ían polo aire. Meu avó nunca
mirara tanto vento e chuvia xuntas, a eles parecíalle un estilo de tornado.

 Aos dez minutos, calma outra vez, e de alí , a bogar cara
Bueu de novo. E todo iso cunha botella de viño e un cacho de pan de millo. Esas
eran as tres comidas do día.

 Outra historia verdadeira que lle sucedeu a meu avó.

( categories: )

Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Lun, 16/02/2009 - 09:16

REVISTA UMBRELA Nº. 5  ANO 2004

Un feliz Nadal


 Os tempos de Nadal acercábanse cada
vez máis. Marta, unha rapaza de catorce anos, orfa de nai, eses días sentíase
triste pero á vez contenta porque pronto recibiría a visita de Papá Noel e dos
Reis Magos, e tería moitos agasallos.

 A súa nai morrera de cancro, xa había
seis anos. Marta estivo todo o día ao lado dela e as últimas palabras súas
foron que coidara do seu pai. Marta tomou as súas palabras ao pé da letra.
Desde ese día ela tomou as rendas da casa, facía a comida, limpaba a casa; é
decir, tódalas tareas domésticas.

Este ano as cousas ían cambiar,
porque o seu pai collera moza e pensaba casar con ela.

 Quince días antes do día de Noiteboa
o pai de Marta comunicoulle que na cea de Noiteboa habería unha invitada máis,
esa era Mónica, a súa moza. Marta marchou correndo, coas vagaos nos ollos,
dirixiuse cara a súa cabana da árbore. Cando subiu atopouse cos seus mellares
amigos, Dalh e María.

 Ambos consolárona e comentáronlle que tiña sorte porque agora tería a
quen contarlle as súas preocupacións e quizais podería ter ata irmáns. A Marta gustoulle a idea e volveu correndo cara á
casa e
pediulle disculpas aos dous.
Para Marta e os seus, eses seguintes
días foron os máis felices das súas vidas. Foron mercar unha árbore xuntos,
puxéronlle os adornos, fixeron un belén.
Chegou o gran día, os tres comezaron
a preparar a mesa antes de que chegara o resto dos familiares. Cada un dos
invitados puxo algo na mesa. Entre risos e felicidade comezaron a comer.

Os nenos máis pequenos foron para o
salón a xogar, e cando foron as doce en punto, todos correron cara á árbore de
Nadal, para coller cada un os seus agasallos. Marta abriu o último, que era de
Mónica; dentro da caixa había un gran medallón que pertencía á súa nai, e unha
nota que poñía que a
quería e que pronto ían ter un irmán ou unha irmá. Ela
emocionouse moitísimo, e deulle un tenro abrazo a Mónica. Os tres foron felices
ata a fin dos seus días.

Margarita  4ºA

 

( categories: )

Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Lun, 16/02/2009 - 09:13

REVISTA UMBRELA Nº 3. ANO  2003

                                     Marina

  Esta é unha entrevista que lle fago ó meu
pai: Francisco , profesor de administración de empresas, pero sobre
todo: GALEGO.

 

 

-Ola
Francisco.

-Ola.

 

-¿Qué
opinas do afundimento do Prestige?

-Que
foi o resultado da incompetencia dos políticos, por non ter controlado o
tráfico de buques con mercancías perigosas, despois de tantos accidentes nos
últimos anos, e no caso concreto do Prestige, pola deixadez que tiveron que nos
pode levar a unha catástrofe de enormes consecuencias económicas, medioambientais
e sociais.

 

-¿Cres
que Galicia saberá sobrepórse a estas catástrofes?

-Eu
penso e espero que si, pero con grandes dificultades, e aínda non están
avaliados os danos. Ademais nin sequera sabemos se o peor é isto ou aínda está
por vir.

 

-¿Ti
estás afectado directamente?

-Non
no meu traballo, pero todos somos afectados polas consecuencias
medioambientais.

 

-¿Cómo
cres que vivirán isto os afectados directos?

-Mal:
os mariñeiros non poden pescar, e non teñen ingresos. Non saben nin o importe
das axudas, nin durante canto tempo as van recibir.

  Tamén son afectados todos aqueles sectores
que dependen da economía do mar: como o comercio, a hostelería... e tamén sen
dúbida o turismo.Pero ó final afactaranos a todos

 

 .-¿Cómo
pensas que nos estamos a organizar os galegos?

-Ata
o de agora a organización está á marxe da administración. É gracias ó traballo
dos mariñeiros e voluntarios que o problema non fose a maiores.

 

-E
para rematar: ¿canto pensas que tardaremos en recuperarnos deste desastre?

-Non
sei, pero será cousa de varios anos.

 

 E así ve Francisco o tema do Prestige. Eu
estou de acordo con el, pero recalcaría que: O GOBERNO NON ESTÁ FACENDO NADA. E
que se isto segue así, vaise vestir de loito toda Galicia, non só a costa.


   

( categories: )

Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Lun, 16/02/2009 - 09:10

REVISTA UMBRELA Nº.2 ANO2002

 Os sentidos

 Nacera cun defecto. Nacera nun mundo no que
se despreza o que non sexa da maioría. Estaba apartado do seu entorno,
gustáballe a soidade. Estaba na peor etapa da súa vida, na etapa da indecisión.

Román está na súa habitación a pintar. Non
cesa, nunca. Se lle falta o lapis fáltalle ese sentido do que carece: a fala.
Non pode expresar o que sente con palabras, el debuxa. Non se farta. Pensa que
moita xente estaría mellor coma el, calado. Pensa que ninguén sería o mesmo se
aproveitaran a súa etapa.

Sente con moito máis fervor, ve cousas que os
demais non se pararan a mirar, saborea como se acabase de adquiri-lo gusto,
escoita. Aínda conserva ese don do que a maioría carece: saber escoitar.

Xa pasaron trinta anos dende a unidade
europea da moeda e dez dende a unidade da lingua. Xa se conseguiu a unidade das
persoas, como saídas de fábricas.

A psiquiatra da súa familia é a única que
sabe o que realmente pensa. Ela sabe interpreta-los seus debuxos da alfombra,
os graffitis das paredes, a morea de papeis e folios,os seus cadernos. É a
única que sabe apreciar esa vantaxe que ten, esa falta da fala.

Coñécense dende hai dez anos e ela lévalle a
metade.

Unha mañá de verán, desas nas que calquera
cousa semella tres veces mellor, deciden marchar. Van na procura da súa
liberdade de expresión. Foxen da xente que despreza os seus sentidos, que non
os aproveitan.

El segue pintando, vivindo diso, non para
iso. Sentindo o seu amor hacia ela como se fose a primeira vez que a mirase,
que a sentise, que a vise, da que se namorase.

Algún día atoparán a aceptación na sociedade
e serán un pouco máis felices, se é que se pode chegar a iso.

Raquel

 

( categories: )
Distribuir contido