Preme na ligazón inferior

Enviado por admin o Lun, 16/02/2009 - 09:18

REVISTA UMBRELA Nº 7. ANO 2005

AS
HISTORIAS DO MEU AVÓ

Jéssica
Barreiro.

 

Moitas historias ten meu avó en toda a súa
vida de mariñeiro.

 UN DÍA A PESCAR
ROBALIZAS

Un día de maio, tendo meu avó dez anos, saiu  pescar nunha dorna cun señor chamado Miguel
Graña que era o patrón. Meu avó preguntoulle a Miguel onde ía ir pescar e el
díxolle que ían ir para  a Illa de
Ons.Comezaron a ir para a Illa e botaron catro horas e media para chegar alá.
Puxéronse a pescar as robalizas e botaron todo o día para pescar trinta ou
corenta quilos; aínda que era un peixe que abondaba , eran moi malas de pescar,
porque cando as miraban todas xuntas tiñan que ir detrás delas bogando.

 Levaban dez minutos con esa brisa cando o
patrón lle di a meu avó: bota a vela para abaixo!. Meu avó quixo saber por que,
e o patrón entón explicoulle  que ían
morrer...

 Iscábanlle os anzois con bolos vivos,
enganchándoos polo lombo
ou polos ollos.

 Ao anoitecer recolleron todas as liñas e foron bogando
para a terra, o mar estaba calmo,
pero ao ir chegando á punta de Udra, subiron
a vela ,pois parecía que se levantaba unha brisiña. Levaban dez minutos con esa
brisa cando o patrón lle di a meu avó: bota a vela para abaixo!. Meu avó quixo
saber por que, e o patrón entón explicoulle 
que ían morrer, meu avó non o cría, comezou a mirar cara un lado e cara
ao outro e só vía unhas nubes escuras, o patrón sospeitaba que esas nubes ían
traer un ciclón de vento, pois no mes de maio abundan as tronadas e as tronadas
de maio son moi perigosas.

 

...puxeron
rumbo a Portonovo buscando a empopada,
estaban moi asustados porque lles parecían que ían polo aire...

  Así foi, en canto lle deu tempo a baixar a
vela, puxeron rumbo a Portonovo buscando a empopada,
estaban moi asustados porque lles parecían que ían polo aire. Meu avó nunca
mirara tanto vento e chuvia xuntas, a eles parecíalle un estilo de tornado.

 Aos dez minutos, calma outra vez, e de alí , a bogar cara
Bueu de novo. E todo iso cunha botella de viño e un cacho de pan de millo. Esas
eran as tres comidas do día.

 Outra historia verdadeira que lle sucedeu a meu avó.

( categories: )