Educación física

IRIA RODRÍGUEZ IGLESIAS, MEDALLA DE BRONCE NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE FREESTYLE

 
A alumna Iria Rodríguez Iglesias, de 4º de ESO, participou o día 21 de Maio no Campionado de España de Taekwondo na modalidade de Freestyle.
 
Iria competíu representado á selección Galega e logrou na categoría de Quinteto +12 anos a medalla de bronce xunto cos seus catro compañeiros do Clube Hebe de Moaña.
 
Sen dúbida foi unha posición moi meritoria xa que competía con deportistas de +18 anos.
 
Un éxito no seu debut nacional.
 
 

Torneo de Bádminton 2º ESO

11/05/2021 17:39
Etc/GMT

Tamén finalizou o torneo de bádminton para o alumnado de 2ºESO. Este ano tivemos moi boa participación e boa proba delo foi o bo nivel dos catro finalistas. Aquí os vedes en acción:

A clasificación final quedou así: 

  1. Gael
  2. Marcos
  3. Alberto
  4. José Manuel

Aquí os tedes:

Parabéns a tod@s e grazas por participar!! Con xente coma vós todo o esforzo paga a pena.

Baloncesto 2º ESO

11/05/2021 17:31
Etc/GMT

O alumnado de 2º estivo traballando nas pasadas semanas na Unidade Didáctica de Baloncesto. Aquí os vemos facendo prácticas de manexo de balón, cambios de man e percorridos en zig-zag.

Co baloncesto non o fixeron nada mal. Veremos que tal se lles da o voleibol para rematar o curso...

Torneo de Floorball

11/05/2021 17:17
Etc/GMT

Xa rematou o torneo de floorball do alumnado de 1º. Sudando moito e coa mascariña posta o torneo foi indo adiante co esforzo de tod@s. Aquí tedes un par de imaxes en pleno xogo!!

E aquí tedes ós dous equipos que loitaron polo 3º e 4º postos  "Petardos" e "Los del B":

E aquí están os que chegaron á final: "Pollos Locos" e "La piña invencible"

A clasificación final quedou así:

  1. Pollos Locos
  2. La piña invencible
  3. Petardos
  4. Los del B
  5. T

Parabéns a tod@s e moitas grazas por participar!!

Rematando coa escalada

11/05/2021 17:05
Etc/GMT

Pois por este ano xa vai chegando de escalada, que non todo vai ser ghabear!! E para que quede constancia aquí van un par de fotos de alumnas de 4º (Carmen trepando e Clara asegurando) no último día desta Unidade Didáctica de escalada.

E outras dúas de Andrés no "boulder" sen corda buscando a dificultade. E vaia se o conseguiu!!

E os profes tamén!!

24/03/2021 19:51
Etc/GMT

Pois si, a algúns profes tamén lles ferve o cú por probar isto da escalada. E se non que llo digan a Óscar que non dubidou en poñer un arnés e tirar para arriba. Menudo "ghabeator"!!

Os de 1º tamén escalan!!

02/03/2021 19:44
Etc/GMT

Nestas semanas o alumnado máis cativo do noso centro está convidado a probar o rocódromo durante os recreos. Algúns xa se achegaron a probar. Aquí tedes a Hugo Domínguez "todo cheo" despois de tocar a campaíña que temos colgada arriba.

Bádminton en 2º

02/03/2021 19:39
Etc/GMT

O comezo nun deporte novo non adoita ser doado. E iso é o que lles está a pasar ó alumnado de 2º co bádminton. A moit@s cústalles atinar coa raqueta nese chisme tan curioso que parece unha pelota con saia. Paciencia, nun par de días estará dominado.

Pero onde está o meu exame??

02/03/2021 19:32
Etc/GMT

Que o profe veña co teu exame corrixido é unha cousa, pero que cada quen teña que atopar o seu exame na outra punta do ximnasio e vir de volta axiña antes que os demais porque o último "paga prenda"...iso xa é outra cousa!! E se non que llo digan a estes de 1º !!

Escalada

17/02/2021 19:19
Etc/GMT

O alumnado de 4º entra na fase final da unidade adicada á escalada. Despois de traballar en espaldeiras e no rocódromo baixo, agora toca aplicar todo o aprendido. Nesta primeira foto poñen os arneses e aplican o "double check" que ven sendo que cada un revisa o seu arnés pero tamén o do outro (vamos, que catro ollos ven máis que dous...)

 

Nesta outra podedes ver a Geovanni  descendendo despois de chegar arriba sen dificultades

Distribuir contido