PREME NA LIGAZÓN INFERIOR

Enviado por admin o Mér, 17/03/2010 - 05:23

REVISTA UMBRELA Nº 13.MAIO 2009

 

A chamada misteriosa.

Elena Mtnez.  4ºA

 

Todo sucedeu un 28 de xaneiro de 1986, nunha fría tarde
de domingo. Eu dispoñíame a pasala coas miñas amigas, celebrando o meu
aniversario.

Cando me atopada no cuarto, cambiándome de roupa, soou o
meu móbil. Descolguei apresuradamente pensando que a voz que escoitaría sería a
de Sheila. Pero equivoqueime. Comecei  a
oír un ruído estraño, seguido dunha voz non moi clara.

Parecía falar nun idioma estranxeiro, que eu descoñecía.
E, por moito que intentaba cortar a conversa, aquela voz non cesaba.

Despois dun tempo escoitando atentamente, comecei a
recoñecer algunhas das palabras. Tratábase de inglés, pero non do que eu
acostumaba oír, senón de inglés americano.

Ao fondo tamén alcanzaba a escoitar outras voces. Todos
semellaban nerviosos. Unha sensación de que algo importante sucedería
percorreume o corpo.

Atopábame tan absorta na conversa que me sobresaltei
cando oín o timbre. Abrín. Ao outro lado da porta, Sheila e Belén agardaban por
min. O reloxo marcaba as 17.30.

Regresei ao meu cuarto a buscar o bolso e decateime de
que o móbil seguía acendido. Volvín levalo á orella e escoitei algo que me
resultou familiar : unha conta atrás. “-Ten, nine, eight, seven, six, five,
four, three, two, one, zero...”

Aquelas voces calaron por un momento.

 

 De súpeto, numerosos gritos de terror inquedáronme.  

Uns segundos máis tarde, o meu móbil apagouse por causa
da batería baixa.

Sentei na cama incapaz de entender o que acababa de
suceder.

Decateime de que as miñas amigas seguían na porta,
agardando. Marchámonos.

Pasamos unha tarde moi divertida, aínda que eu non puiden
deixar de cavilar sobre aquela estraña chamada.

Cando cheguei á casa, todos se atopaban mirando o
telexornal. Eu dirixinme cara ó meu cuarto para deixar as cousas. Para a miña
sorpresa, as voces que chegaban da cociña coincidían coas que oíra a través do
meu móbil unhas horas antes. Corrín cara alí.

Na televisión retransmitían unha imaxe: o transbordador
espacial Challenger, despegando do
Cabo Cañaveral e desintegrándose un minuto despois, acabando coa vida dos seus
sete tripulantes.

 

 

 

( categories: )