Skip to Content

Encontros Virtuais da USC

A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) está organizando uns "Encontros Virtuais" orientados ao alumnado de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.

Estes "Encontros Virtuais" da USC terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores da semana santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección:

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

Nesta páxina poderedes atopar:

  • Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, retos, etc.
  • Opinión de alumnos/as sobre a titulación
  • Pílulas relacionadas coa titulación
  • Concursos
  • Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios da cada unha das videoconferencias.

 

Quedar na casa (5)

Comeza unha nova semana e agardamos que toda a comunidade educativa que formamos parte do IES Illa de Sarón nos sintamos fortes para afrontala coa tranquilidade e ánimo que a situación require.

Compartimos un par de imaxes con recomendacións moi sinxelas, pero moi necesarias nestes momentos.

Forza que xa queda menos!

Quedar na casa (4)

A semana xa vai rematando... nestas circunstancias parece que agradecemos que vaian pasando os días, conscientes de que non todos os momentos son fáciles.

Confíamos en que nomedio de toda esta confusión e incertidume teñades momentos con luz e ilusión. As veces os sentimentos negativos son inevitables, pero a esperanza sempre consigue mitigalos.

Deixámosvos este precioso vídeo do álbum de Shaun Tan "El árbol rojo". Moito ánimo para vós e para as vosas familias!

https://www.youtube.com/watch?v=Ziie78a8qxo

Compartimos tamén dúas propostas de ocio para calquera idade que nos poden relaxar e evadir, á vez que estimulan a nosa atención, creatividade e curiosidade. Animádevos a probar!

http://es.jigzone.com/gallery/Fine_Art?p=1&z=19

 

 

Novas: Consellería de educación

Consenso xeneralizado entre Ministerio e CCAA en manter o calendario escolar e aprazar a ABAU.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30634

Novas FP: Consellería de educación

Educación traballa co Ministerio para asegurar o remate do curso e a continuidade dos itinerarios formativos ao alumnado de formación profesional.

Máis información:

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30630

Vídeo creado polo alumnado de 4º ESO

Encántanos compartir con vós este traballo de alumnado de Educación Plástica, Visual e Audiovisual de 4º da ESO.

Quedou ben chulo o vídeo que fixeron con Gonzalo. Moi bo traballo María, Andrea, Hugo, Izan e Luis.

Parabéns!!!

 

Quedar na casa (3)

Hoxe compartimos este artigo que publicou hai uns días "El País", no que se explica de forma moi resumida e doada
as diferentes etapas ás que nos estamos enfrontando por causa do coronavirus. Trátase dunha pequena guía para superar o impacto emocional desta situación e encarala con mentalidade positiva. Xa vai quedando menos, ánimo!

https://elpais.com/elpais/2020/03/16/laboratorio_de_felicidad/1584365848_234280.html

E tamén vos deixamos este breve vídeo de Cruz Vermella con pautas ben sinxelas pero moi útiles para manexar o estrés ante a crise do COVID-19.

https://www.youtube.com/watch?v=mijHfogjbtk

Aprendemos na casa (2)

Arrincamos unha nova semana con outra prposta educativa, esta vez da CRTVG, en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que emitirá de luns a venres, pola G2, entre as 11:00 e as 13:00, unha programación educativa especial para apoiar ao estudantado galego.

Todas as iniciativas que vos presentamos son recursos que consideramos adecuados para a vosa formación e enriquecemento persoal, pero lembrade seleccionar aquelas que se axustan a vosa idade e intereses e non ocupar todo o voso tempo nas pantallas. Hai tempo para escoitar música, ler, comunicarvos coas vosas amizades, conversar coa familia, colaborar na casa, facer algunha actividade física... O importante é que vos sintades o mellor posible.

Moito ánimo!

"O que fai máis fermoso o deserto é que esconde un pozo en calquera parte" (O Principiño).

http://www.crtvg.es/crtvg/noticias-corporativas/a-g2-emitira-de-de-luns-a-venres-un-bloque-educativo-para-apoiar-os-estudantes-galegos?_tcode=bHExNWQy

Aprendemos na casa

O "Ministerio de Educación y Formación Profesional" e RTVE lanzan "Aprendemos en casa" para paliar a falta de clases presenciais. Unha programación educativa para alumnado entre 6 e 16 anos.

Cada día unha materia cun horario (1 hora diaria de luns a venres) distribuído por tramos de idade.

Podedes botarlle un ollo!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut