Skip to Content

Contratos programa: Corpos xeométricos

Co alumnado de 1ºESO, estamos a traballar os corpos xeométricos, e que mellor maneira de conectar as mates coa vida cotiá que buscar pola casa obxectos que teñan forma de corpo xeométrico.

O obxectivo desta actividade é conectar as matemáticas coa vida cotiá e afianzar os conceptos de poliedros e corpos de revolución.

Ao principio non atopaban ningún, pero despois de observar ben, resultou que a súa casa está chea destas figuras matemáticas. Deixámosvos algúns exemplos.

Contratos programa: Competencia Lingüística

Dentro do proxecto Contratos-Programa 2019-2020 para seguir adquirindo destrezas que melloren a competencia lingüística do noso alumnado levaremos a cabo, durante a primeira semana de xuño, diferentes obradoiros de REGUEIFAS, concretamente co alumnado de 2º, 3º e 4º ESO, xa que co alumnado de 1º ESO estamos a ter problemas coas aplicacións de videoconferencias.

Os obradoiros desenvolveranse de xeito telemático dada a situación que estamos a vivir.

Animámosvos a que participedes. Iremos pendurando algunha fotografía que dea conta do ben que o pasaremos.

Contratos programa: Actividade do mes de abril

Para seguir mellorando a competencia matemática, no mes de abril, o alumnado de 1ºESO e 2ºESO fixo un gran esforzo traballando a unidade de Xeometría desde a súa casa. Para facelo máis ameno, traballamos os corpos xeométricos empregando as técnicas da papiroflexia.

Nesta actividade o alumnado tivo que crear os seus propios corpos xeométricos.

Os obxectivos desta actividade son:

  • Estimular a concentración
  • Activar a memoria
  • Desenvolver a paciencia
  • Potenciar a satisfacción persoal
  • Estimular o traballo e o esforzo

Para levar a cabo a actividade, proporcioneilles  os desenvolvementos planos de varias figuras e estes son algúns dos resultados:

Departamento de orientación

Co obxectivo de atender as cuestións que precisan un trato máis persoal, a partir da vindeira semana a orientadora estará presencialmente no departamento de orientación do instituto un día á semana.

Por suposto, como toda esta tempada de confinamento, podedes consultar as vosas dúbidas, solicitar información académica/profesional, ou tratar aqueles aspectos que vos preocupen, da forma habitual, a través do correo electrónico ou telefonicamente.

Non obstante, para unha atención máis personalizada e exhaustiva, contactade coa orientadora ou co centro, deixando os vosos datos, para poder concertar unha cita.

Por razóns sanitarias, as ditas citas deben ser acordadas previamente, respectando as medidas de seguridade que a situación require.

Guía de estudos superiores en Galicia 2020/2021

Compartimos esta guía publicada por “La Voz de Galicia” con toda a oferta de estudos universitarios, de FP e outras ensinanzas, organizada en base ás catro ramas de coñecemento que corresponden cos bacharelatos: Artes, Ciencias, Ciencias Sociais e Humanidades.

Guía de estudos superiores

Neste xornal podemos acceder a unha versión interactiva:

https://estudiarengalicia.lavozdegalicia.es/

Vídeo - Día das letras galegas 2020

Diccionario de profesións

Compartimos este diccionario de profesións de Educaweb, que nos permite informarnos dunha forma moi cómoda e completa das ocupacións dos diferentes campos profesionais.

https://www.educaweb.com/profesiones/

Educaweb tamén publica esta información sobre as características das novas profesións.

https://www.educaweb.com/contenidos/laborales/nuevas-profesiones/como-seran-nuevas-profesiones/

Proceso de desescalada

Estamos vivindo cambios na situación provocada polo COVID-19, por fin!

Convén seguir tendo coidado e precaución, así que compartimos as recomendacións da "Dirección General de Protección Civil y Emergencias" e o "Consejo General de la Psicología de España".

Ciclo Superior "Programación da produción e moldeamento de metais e polímeros"

Formación modular en réxime de adultos, clases polas tardes de 16:30 a 22:00h.

Formación práctica en Alcoa e empresas da mariña lucense.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut