Skip to Content

GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 4º ESO. PROMOCIÓN 2018-2022.

E chegou o momento de despedir aos rapaces e rapazas de 4º ESO. O pasado venres organizamos entre todos un pequeno acto de graduación, sinxelo pero emotivo. Desexámosvos a todos e todas moita sorte para o futuro, vaiades  onde vaiades e fagades o que fagades. O IES Faro das Lúas sempre formará parte de vós.

Todas as fotos e vídeos do acto de graduación están dispoñibles para ver e descargar premendo nesta ligazón.

 

      Deixamos aquí este vídeo resumo e esperamos que vos guste.

 

GAÑADORES DO ÍNDICE DA PAZ 2º CUADRIMESTRE CURSO 21-22

Parabéns aos dous grupos premiados no noso programa de convivencia Índice da Paz:

1º B no primeiro ciclo e 3º B no segundo ciclo. Terán un agasallo moi especial na cafetería de Rosa!

Gañadores Indice da Paz de acasmou

GAÑADORES DO CONCURSO "FAROVIAXA" 2022

Este ano Laura, Celia, Aida, Noelia, Hugo, Alejandro, Uxía, Sabela e Claudia foron os afortunados gañadores do premio FaroViaxa! Xuntos participaron nun obradoiro de serigrafía organizado pola creadora Andrea Fernández, responsable do espazo creativo La Platanera, na Illa de Arousa. Alí tiveron a oportunidade de aprender como serigrafiar camisetas. 

Facede click nas imaxes para velas ampliadas e con detalle.

CALENDARIO DE ORGANIZACIÓN FIN DE CURSO 2022

Deixámosvos aquí o calendario coa organización do final de curso. Premede en cada bloque para consultar os horarios dos exames de recuperación e da entrega de notas.

PRAZOS DO PROCESO DE ADMISIÓN EN FP BÁSICA

A Consellería informa sobre o procedemento para solicitar praza na FP Básica. O prazo comeza o 27 de xuño e remata o 6 de xullo. Para coñecer toda a información sobre este tipo de Formación Profesional, preme nesta ligazón.

CALENDARIO DE EXAMES DE PENDENTES. XUÑO 2022

O alumnado con materias pendentes terá unha nova oportunidade de recuperalas en xuño, antes da avaliación final. Deixámosvos aquí o calendario e ademais podedes descargalo nesta ligazón.

Distribuir contido


by Dr. Radut