Skip to Content

Complementarias

Saída ao Galiñeiro

 O luns 1 de outubro o alumnado de ESO e de Ciencias da Terra e Xeografía e Historia de 1º Bacharelato participaron nunha saída ao Monte Galiñeiro. Esta xornada foi organizada polo Equipo de Normalización Lingüística coa colaboración da Comunidade de Montes de Vincios. Participaron tamén os seminarios de Galego, Bioloxía, Educación Física e Xeografía e Historia.

 O obxectivo foi o coñecemento e defensa do contorno natural polo que primeiro arrincáronse os eucaliptos que agromaron de xeito invasor e incontrolado despois dos incendios do ano pasado e despois visitáronse os petróglifos de Auga da Laxe. O alumnado de 1º de Bacharelato fixo dous itinerarios encamiñados a coñecer a xeoloxía do monte e o seu patrimonio cultural.

  Seleccionando a foto inferior pódese ver o álbum completo desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> Galiñeiro

Acto de entrega de premios de Explícoche Matemáticas 2.0

 O venres 26 de outubro, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, fixo entrega dos premios do concurso Explícoche Matemáticas 2.0, no que as alumnas do noso centro Clara Rei e Laura Álvarez acadaron o primeiro premio na categoría de vídeo mellor valorado polos internautas.

 Recóllese a continuación o álbum deste evento.

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> PremioExplicocheMatematicas

Día das escritoras en Proval

O pasado 15 de outubro celebrouse o Día das Escritoras. A biblioteca de Proval sumouse a esta data cun panel e unha exposición con obras de autoras rebeldes e trasngresoras

 

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> DiaEscritoras

Clara Rei e Laura Álvarez, gañadoras de Explícoche matemáticas 2.0

 Laura Álvarez e Clara Rei acaban de gañar o premio Explícoche Matemáticas 2.0 na categoría de video mellor valorado polos internatuas.

  Aquí se pode visualizar novamente este vídeo:

Buscando aproximacións de Pi

mediante o método de Arquímedes

 

Realizado por:

Laura Álvarez

Clara Rey

(4º ESO)

 

   Nesta categoría tamén se menciona outro vídeo das gañadoras así como o vídeo Buscando Pi na circunferencia das alumnas  Nazaret Álvarez, Nerea Fernández e Naima Mera.

 

Buscando Pi na circunferencia

Realizado por:

Nazaret Álvarez

Nerea Fernández

Naima Mera

(4º ESO)

Buscando aproximacións de Pi

mediante o método de Montecarlo

 

Realizado por:

Laura Álvarez

Clara Rey

(4º ESO)

 

Saída á Serra do Galiñeiro

 Alumnado e profesorado de ESO e Bacharelato realizaron unha saída á Serra do Galiñeiro o luns 1 de outubro. Durante esta actividade puideron coñecer o patrimonio histórico e natural e, ademáis, colaboraron coa Comunidade de Montes de Vincios na retirada de miles de exemplares de eucalipto que colonizaron zonas afectadas polos incendios forestais do ano pasado.

  Así recolleu a prensa este evento.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut