Skip to Content

Romaría das Letras en Proval

cartaz romaria das letras 2013

O 20 de maio, no mes das Letras Galegas, vaise celebrar por primeira vez no IES Proval a romaría das letras. Será un día de festa, de portas abertas a todos os pais e nais do noso alumnado que desexen participar connosco nunha xornada de apego á nosa cultura e á nosa lingua. Unha xornada de festa, de música, de cancións, de xogos, de bailes e de teatro e, por suposto, de xantar compartido, de cousas de noso coas que queremos disfrutar xuntos: o alumnado, os traballadores da comunidade educativa e os pais e nais. Sirvan pois estas palabras de convite e cálida acollida á nosa romaría agardando contar coa participación de todos e todas. Grazas! A Dirección



page | by Dr. Radut