Skip to Content

Excursión a Vigo de 1º ESO

O pasado martes día 23 o alumnado de 1º ESO fixo unha saída didáctica ó obradoiro de arqueoloxía do Museo Municipal Quiñones de León, dependente do concello de Vigo. Neste obradoiro, que imparte o arqueólogo José Valtierra, descubriron a historia de Vigo e a súa zona de influencia, en especial da súa romanización, a través de actividades relacionadas coa investigación arqueolóxica.

Á tarde, foron á praia de Samil, onde practicaron actividades deportivas.



page | by Dr. Radut