Concurso de fotografía Covid e medioambiente

Enviado por iesproval o Dom, 2021-05-30 18:18

 Os institutos Val Miñor e Escolas Proval convocamos o 1º concurso fotográfico Covid e medioambiente.

 Trátase dun concurso de fotografías dos nosos institutos, onde se vexan as medidas adoptadas pola COVID, o compromiso de toda a comunidade educativa (alumnado, profesorado e/ou demais traballadores e traballadoras) no seu cumprimento, así como o seu impacto no medio. Fotos que, con bo gusto e arte, transmitan os cambios na nosa vida ou no medio natural.

 Poderanse entregar dúas fotos a través deste curso da aula virtual ata o 14 de xuño inclusive. Haberá tres premios dotados con 150€, 100€ e 50€, respectivamente,  na forma de cheques de material informático.

  As bases completas poden consultarse nesta ligazón. Tamén podedes ver aquí o cartel.