GIRA Jóvenes "Impulsando el cambio"
Este curso quince alumnos de 1º CM de Xestión Administrativa están participando no proxecto GIRA Jóvenes “Impulsando el cambio”, promovido por Coca-Cola co apoio de AlmaNatura. Este proxecto de capacitación persoal e profesional, dirixido a estudantes de Formación Profesional, de entre 16 e 26 anos, pretende mellorar as súas competencias, de maneira que adquiran habilidades para o traballo e a vida en xeral, impusando o seu papel como axentes do cambio en contornos como o Val Miñor.
Na segunda etapa do programa "Inspirar", o grupo creou o proxecto #Palmeirasverdes para atraer o turismo, fomentar o coidado das praias, mellorar a apoiar o comercio local, e promover a inclusión da mocidade na actividade económica local, implicándose coa adminsitración pública, empresas e a poboación miñorá de cara á mellora da contorna.
Velaquí algunhas das súas propostas:
- Elaboración dun plan de limpeza e mantemento das praias con campañas de concienciación, restauración do paseo marítimo, concursos de fotografía ou formación sobre a vida mariña e a súa sustentabilidade.
- Promoción de actividades culturais, deportivas e lúdicas con prezos simbólicos para financiar o coidado das costas.
- Apoio ao pequeno comercio coa creación dunha empresa de reparto local que facilite a compra para a xente do concello e os turistas.
Recensión en xornais: telemariñastv, valmiñortv, atlántico...