Skip to Content

Agradecemento ADOS

A Axencia de doazón de órganos e sangue (ADOS) enviounos un comunicado de agradecemento pola colaboración de toda a comunidade educativa do Proval na campaña de recollida de sangue que tivo lugar o pasado 19 de xaneiro. A unidade móbil leva acudindo desde o 1995 cun total xa de 1065 doazóns nesta iniciativa solidaria e esta semana pasada conseguiron 36 doazóns; grazas, en especial, ás 13 persoas que doaron por primeira vez porque, coa súa axuda, obtivéronse glóbulos vermellos para 18 intervencións cirúrxicas ou para 3 transplantes de órganos e tamén plaquetas para axudar a 7 doentes a loitar contra o cancro ou a leucemia. Orgullosos novamente do noso alumnado que doando o seu sangue permitieron a moitos enfermos recuperaren a súa saúde!



book | by Dr. Radut