Skip to Content

Fin de curso 2019/20. Matrícula e devolución de libros (ESO e BACHARELATO)

FIN DE CURSO 2019-20

2º BACHARELATO Remate das clases 5 de xuño
Publicación das cualificacións  9 de xuño (ás 10:00 h. por Abalar)

ESO+1ºBAC+FPBÁSICA

Remate das clases 19 de xuño
Publicación das cualificacións 25 de xuño (ás 10:00 h. por Abalar)
Presentación de reclamacións 25-26 xuño (até as 14:00 h. do 26 na Secretaría)
Resolución das reclamacións 30 xuño ás 11:00 h. na Secretaría

 

CALENDARIO DE MATRÍCULA 2020/21

DÍA

NIVEL

   XUÑO martes 30 

Matrícula: 2º ESO

(Entrega libros: Alumnado de 1º ESO que pasa a 2º ESO)

 

 

 

  XULLO

 

 

 

 

mércores 1 

Matrícula: 3º ESO

(Entrega libros: Alumnado de 2º ESO que pasa a 3º ESO)

xoves 2

Matrícula: 4º ESO

(Entrega libros: Alumnado de 3º ESO que pase a 4º ESO)

venres 3 e luns 6

Matrícula: 1º BAC

(Entrega libros: Alumnado de 4º ESO con todas as materias aprobadas en xuño

martes 7 e mércores 8

Matrícula: 1º ESO

xoves 9 e venres 10 

Matrícula: 2ª BAC

 

devolución dos libros de texto, que foron repartidos dentro do programa do Fondo de Libros 2019/20, realizarase entre o martes 30 de xuño e o luns 6 de xullo, en horario de 9:30 a 13:00 h. na Aula de Plástica (en fronte da Secretaría). Ademais poden entregar tamén todos os libros pendentes de devolver da Biblioteca. Para evitar desprazamentos innecesarios, recoméndase realizar a entrega do libros cos días da matrícula, conforme á táboa anterior.

 

RECORDATORIOS:

  • Para ser beneficiario do fondo solidario de libros e das axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar na ESO para o curso 2020/21 é obrigatorio ter entregado todos os libros adxudicados no curso ou cursos anteriores.
  • O alumnado que teña materias que recuperar en setembro só terá que devolver os libros das materias aprobadas en xuño; en setembro entregá os libros das materias pendentes, período no que tamén terá que formalizar a súa matrícula. De haber posibilidade de realizar os exames extraordinarios de setembro de forma presencial, o alumnado entregará os libros pendentes o mesmo día do exame; de non ser posible, xa se habilitará outra vía alternativa.
  • O alumnado que teña repetir curso debe devolver os libros igualmente no período estipulado de setembro.

       

        AVISO: 

  • Para o alumnado de Bacharelato e Formación Profesional, o Ministerio de Educación concova  todos os anos unha bolsas de estudo, que se poderán solicitar unha vez formalizada a matrícula (aínda non se publicou a convocatoria para o curso 2020-21)


book | by Dr. Radut