Skip to Content

Obradoiros de arquitectura e xeometría aplicada

 O venres 15 de xuño o alumnado do IES Escolas Proval participou nuns obradoiros de Arquitectura e Xeometría aplicada impartidos polo arquitecto Victor G. Echave. Aprenderon de enxeñería e arquitectura, construíron cooperativamente tódalas figuras a grande escala e coñeceron de forma dinámica e divertida os polígonos e poliedros básicos ademáis dos fundamentos das estructuras trianguladas.

  Esta actividade foi organizada polos Departamentos de Matemáticas, Física e Tecnoloxía.

 Premendo na foto inferior poderás consultar o álbum completo desta actividade.

Álbum: Actividades Curso 2017-2018 -> Palitroques


album | by Dr. Radut