Dous artigos relacionados co Proxecto Medidor Ambiental presentaranse no XV Congreso Internacional de Tecnoloxía, Aprendizaxe e Ensino da Electrónica (TAEE 2022) que se celebra en Teruel do 29 de xuño ao 1 de xullo. Este congreso bianual reúne a case 200 poñentes de universidades e centros de investigación de numerosos paises de Europa e América. As actas estarán dispoñibles na páxina do congreso e Dialnet e as versións en inglés no repositorio IEEEXplore.
![](https://congresotaee.es/wp-content/uploads/2021/07/Logo_Asociacion_TAEE_faltaCheckFonts.svg)