IES EDUARDO PONDAL

Novas Biblioteca

Presentación club de lectura 2011/12

Todo un éxito, como xa vén sendo habitual, a presentación dos clubs de lectura no instituto. Parece que isto de alimentar o corpo e a mente éche moi  efectivo .

Gozade do vídeo


SAMAÍN 2011

I CONCURSO DE LENDAS

DA NOITE DE SAMAÍN

Achégase o tempo do medo, o tempo das cabazas , das historias de mortos , e das pantasmas . Un ano máis no instituto convocámosvos a unha oportunidade única de facernos tremer …e rir. 

Lede as bases  que siguen e deixádevos levar pola imaxinación para facernos pasar un mal rato.

Premios arrepiantes!!!!


CONCURSO DE LENDAS CON ILUSTRACIÓNS SOBRE O SAMAÍN

“Chocolatada” arredor dos libros

Un ano máis o club de lectura LIBRO DE PETO do IES Ponteceso,  convócavos á primeira reunión arredor dunha cunca quentiña de chocolate , unhas cantas pastas e moitas ideas para ler neste curso. 

Como é xa habitual formaremos tres grupos de avezados lectores: Os de 1º e 2º de ESO, os de 3º e 4º e, por último , os Bacharelatos e aínda que o ano pasado lles puxemos nomes, e incluso logos, estamos abertos a calquera tipo de cambios, suxestións, ideas …

Queremos ler, pasalo ben e compartir, así que esperámosvos o vindeiro 14 de outubro no recreo e na biblioteca.

Feliz chocolatada e… boas lecturas!!!

BENVIDOS e BENVIDAS AO NOVO CURSO, Á UNHA NOVA AVENTURA ARREDOR DOS LIBROS

Xa estamos aquí  dispostos  a pór en marcha unha nova aventura   arredor dos libros e da cultura. Este ano temos pensadas moitas novidades pero para iso necesitamos a vosa inestimable axuda, tanto de profes como de alumnos.

Iniciamos anunciándovos que xa temos a nova Convocatoria de Clubs de Lectura  para este curso 2011/12. Así que os profes nos temos que “poñer as pilas” e os rapaces xa podedes ir pensando nesta nova aventura que comeza este curso. Non vos defraudará.

Queremos así mesmo facer mención a unha compañeira recentemente falecida: Mª Dolores, responsable da biblioteca do IES  Luis Seoane de Pontevedra, e incansable traballadora neste o noso pequeno planeta das bibliotecas. Descanse en paz.

Que ler no verán

Presentamos aquí as quías de lectura para este verán. Tanto si estás estudando a ESO como si es de Bacharelato, aquí atoparás suxestións refrescantes para este verán.
Mergúllate na lectura connosco!!!!!

Distribuir contido