IES EDUARDO PONDAL

Novas Biblioteca

Nova edición do boletín da biblioteca

Presentámosvos un novo número do boletín da biblioteca, o X&Q,  no que vos damos puntual información sobre acontecementos culturais que se deron no noso país así como eventos que tiveron lugar no noso centro, recomendacións literarias e moitas  cousas máis. Se non fostes quen de facervos cunha copia, aquí tendes a versión virtual.

Curtas contra a violencia de xénero

Realmente foron unhas semanas moi atarefadas para o noso alumnado e a culminación do seu esforzo son estes vídeos que intentan aportar un grao de area para a concienciación fronte a lacra da violencia machista ou a discriminación sexual no traballo.
O primeiro vídeo amosa unhas curtas elaboradas integramente polos alumnos e alumnas de 3ºPDC, 4º PDC e o PCPI nas súas clases de ámbito lingüístico e baixo a coordinación da biblioteca.
O segundo traballo é unha gravación de spots froito da colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade, do concello de Ponteceso e do instituto.
Non pode haber dúbida algunha de que no noso centro a loita contra a violencia sexista e pola igualdade non fixo máis que empezar.

Contra a violencia de xénero: Cartel e pequenaguía de lectura.

Todos os "días internacionais de..." foron creados coa intención de facernos lembrar os nosos dereitos, de que non esquezamos as nosas responsabilidades, de animarnos a ser máis civicos, máis humanos... Si hai un día que non debemos esquecer é precisamente este. Concienciémonos, tamén coa lectura.


Distribuir contido