IES EDUARDO PONDAL

Novas Biblioteca

Letras Galegas 2008

Día das Letras Galegas celebrouse por primeira vez en 1963, con motivo do centenario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, que é a obra máis importante do noso Rexurdimento cultural, ademais de ser a primeira escrita integramente en galego.

O 17 de maio figura na primeira edición de Cantares Gallegos como agasallo de cumpreanos de Rosalía ao seu marido, Manuel Murguía, que a animara a escribir en galego eses poemas; e un dos fundadores da nosa nación, homenaxeado co Día das Letras no ano 2000.

Este ano quérese recoñecer a obra e o labor en prol da cultura galega de Xosé María Álvarez Blázquez, escritor polifacético que cultivou a poesía, a narrativa e o ensaio, ademais de arqueólogo, investigador e editor.

Podedes atopar material sobre o Día das Letras Galegas e o Centenario do nacemento do pintor Urbano Lugrís nas seguintes páxinas elaboradas polo grupo de traballa da Biblioteca, o Equipo de Normalización e o Departamento de Galego.

 

Páxina 1  Páxina 2  Páxina 3  Páxina 4

 

Mochilas viaxeiras

mochilas viaxiras

No IES Ponteceso estamos facendo un esforzo para mellorar a biblioteca e convertila nun lugar atractivo de traballo e tamén de lecer. Temos xa un fermoso espazo e imos mellorando os nosos fondos pouco a pouco.

Coincidindo co DÍA DO LIBRO (23 abril) unímonos ao programa "mochilas viaxeiras" de BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA para achegarvos parte da nosa biblioteca á casa. Esperamos que disfrutedes con este material e que vos animedes a visitarnos.

Gustaríanos que as familias ás que cheguen as mochilas, nos désedes a vosa opinión sobre este proxecto, e tamén sobre o material que seleccionamos na libretiña que vai na mochila.

Un saúdo desde a biblioteca.

Distribuir contido