IES EDUARDO PONDAL

Novas Biblioteca

BIBLIOTECA DE OUTONO: Formación de Usuarios e Samaín

A biblioteca vestiuse de outono cun par de  estupendas  actividades : celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares cunhas sesións  de Formación de Usuarios para os alumnos de 1º de ESO e un arrepiante concurso de lendas de Samaín que rematou nunha rolda de lecturas dalgúns dos autores dos pavorosos contos.   

Velaquí tedes a proba.


BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Presentamos aquí un vídeo rodado en centros do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares, e no que tivemos a fortuna de participar. Presentouse  ante delegacións de varias comunidades autónomas de todo o  país no Congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito (BET) celebrado en Santiago de Compostela  a semana pasada e da exemplo do traballo ben feito nas bibliotecas escolares de Galicia.

Un motivo máis para seguir traballando.


Biibliotecas Escolares en Tránsito [GAL] from Bibliotecas Escolares de Galicia on Vimeo.

LECTURAS DE MEDO

Presentámosvos esta pequena guía de lecturas para pasar estes días de lecer, pero se realmente queredes pasar medo achegádevos á biblioteca mañá no recreo e veredes o que é bo… ou malísimo…


DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 

 

Como cada ano a nosa biblioteca celebra este día coa cabeza posta en todas as actividades que queremos realizar para facer da nosa biblio un verdadeiro espazo cultural , integrador e gozoso, por que non.

A consellería de educación facilitounos este cartaz que tedes á esquerda e feito pola ilustradora Emma Ríos que interpreta o lema proposto, Biblioteca escolar, última xeración e que coidamos que representa á perfeción o que é o espírito do noso traballo nela.

 Este mércores 26  faremos a presentación oficial aos rapaces de 1º de ESO cos que realizaremos unha sesión de FORMACIÓN DE USUARIOS a través dunha presentación en Power Point elaborada pola biblioteca e un feixe de xogos para comprobar o grao de aprendizaxe e destreza na busca de información

Distribuir contido