IES EDUARDO PONDAL

Club de lectura

La ladrona de libros. Contexto histórico.

A historia de Liesel (a ladroa de libros) trancurre nos anos da 2ª Guerra Mundial (1939-1945) na que se enfrontan, por unha banda, Alemania, Italia e Xapón, contra os países aliados, principalmente Gran Bretaña, Francia, Unión Soviética e EEUU. A protagonista do noso libro vive na Alemania nazi e o seu caso é un dos moitos que se deron nestes anos: un pai perseguido e eliminado por comunista e unha nai que non pode facerse cargo dos seus dous fillos e ten que entregalos en acollida a unha familia (Rosa e Hans Hubermann) que vive nunha pequena vila onde podan estar máis seguros; este era un recurso moi frecuente tanto no bando alemán como no aliado, nesta e noutras guerras do século XX (tamén na Guerra Civil española), sacar os nenos das cidades para que non sexan vítimas dos bombardeos. Neste senso hai que sinalar que a Segunda Guerra Mundial é o primeiro conflito no que a aviación xoga un papel decisivo; os avións sobrevoan as cidades e deixan caer sobre elas milleiros de bombas que non distinguen entre civís e militares, de feito, dos 50 millóns de mortos que provoca esta contenda, a meirande parte son vítimas civís; Londres, Coventry, Colonia, Hiroshima, Nagasaki,..., son exemplos de cidades arrasadas polas bombas lanzadas dende os avións; no futuro todas as guerras responderán a este patrón. Neste contexto era lóxico que as familias non dubidaran en separarse dos seus fillos para levalos a un lugar máis seguro. Se tendes lido o libro Crónicas de Narnia, ou se víchedes a película, comprobaredes que conta a historia de dous irmáns que marchan de Londres para residir no campo cunha familia que os acolle (o mesmo conto pero dende o outro bando), pronto colgaremos imaxes auténticas de rapaces collendo o tren e despedíndose das súas familias.

O libro ten o mérito de narrar o gran disparate que resultou ser o Nazismo non dende a perspectiva dos grandes personaxes, que aparecen citados nel con nomes e apelidos (Hitler, Goebbels) senón dende a expericiencia da xente corriente que simplemente sogre os desvaríos do seu Führer. Dúas das súas principais obsersións aparecen perfectamente retratadas:

  • O Anticomunismo: os seguidores desta ideoloxía serán perseguidos e eliminados (o pai de Liesel é un exemplo)
  • O Antisemitismo (odio aos xudeos) Max Vandenburg sofre esta persecución , sendo os Hubermann os que lle darán acubillo.

Por último, resaltar a dobre repercusión que o fenómeno Nazi ten na sociedade alemana, na xente da rúa: nalgúns casos provoca seguidores incodicionais, máis aló do que toda boa lóxica podería aconsellar (o fillo dos Hubermann é un exemplo) e por outro, xentes de escasa ou nula formación política (o matrimonio Hubermann) cuestionan os procederes do réxime e non dubidan en protexer a un xudeo poñendo en risco a súa propia vida.

En resumo: ¡¡ Ler La ladrona de libros e tamén recibir unha excelente clase de historia!!

E estamos aquí para quedarnos

 

 

Os lectores é o que temos, non paramos de reunirnos porque nos gusta falar das nosas cousas.Queremos ir ao cine, ao teatro e á Lúa se nos deixan.

Xa o xoves que vén, 29 de xaneiro, os membros do Club de Lectura do Segundo Ciclo da ESO están citados no recreo fronte ao noso marabilloso encerado dixital.

Os do Club de Bacharelato e Outros van esperar unha semana máis para citarse, o día 5 de febreiro na biblioteca, para que os máis lentos rematen coa lectura.

Pero os primeiros en reunirse van ser os do Club de 1º Ciclo que xa quedaron o luns 26 para comer no instituto. Asi van ter tempo para xogar co JClic e ver unha exposición de fotografías que fixo Bea, a profe de Visual, nos Campamentos de Refuxiados Saharauis. Como son boa xente invitaron a Bea para que lles conte a súa experienca aló.

E os demais, que facedes cos vosos recreos?

 

Xa estamos de volta

Para o próximo xoves 22 temos convocada a primeira reunión do ano do Club de Lectura do Segundo ciclo da ESO e do de Bacharelato e Outros.

Non olvides pasar pola biblioteca durante o recreo que temos moito que falar: hai que fastidiarlles o final aos que van máis lentos, temos que dicir que non ás actividades que propón a organización, hai que ir pensando noutro libro, e temos que ir o cine.

Vémonos o xoves

 

CLUB DE LECTURAS (e papantes)

Hoxe, 28 de novembro botamos a andar o noso club de lectura - aínda sen nome- cunha pequena festa na que incluímos cafés , pastas e boas conversas sobre libros. Como podedes ver o éxito foi total.

 

 

Formamos tres grupos de lectura: Os "pequechos" formado por alumnos do primeiro ciclo da ESO, os "medianos" por alumnos do segundo ciclo e , por último os "vellos", mestura de profes e alumnos de bacharelato.

Foi un rato de moita animación onde se escolleron os próximos libros que imos ler, e se barallaron diferentes actividades que poderemos levar a cabo. As lecturas seleccionadas son:

Club de Primeiro Ciclo da ESO: Palabras de Caramelo (Gonzalo Moure) Nun campamento do Sáhara vive un neno sordomudo que ten como amigo a un camelo...

Club de Segundo Ciclo da ESO: El niño con el pijama de rayas (John Boyne) A obra trata dun mozo de nove anos, fillo dun comandante nazi do campo de concentración de Auschwitz en plena Segunda Guerra Mundial.

Club de Bacharelato e Máis: La ladrona de libros (Marcus Zusak) Ninguén mellor que a Morte para narrar unha historia na Alemña nazi de Segunda Guerra Mundial como a que conta "A ladroa de libros", unha novela sobre o extraordinario poder das palabras, escrita polo australiano Marcis Zusak a partir dos recordos familiares.

Esperamos disfrutar pero tamén que todo o centro disfrute das nosas andanzas. Haberá moitas letras, mais non esqueceremos darvos algunha que outra sorpresa.

Animádevos a participar, aínda quedan prazas.

 

Distribuir contido