IES EDUARDO PONDAL

Club de lectura

EL SEÑOR DE LAS MOSCAS

Excelente libro do Premio Nobel William Golding que nos achega unha especie de fábula moral sobre a condición humana na que se nos expón, dunha forma moi amena, a teoría de que unha educación excesivamente represiva e dura pode causar que as persoas cometan tolerías cando non teñen quen lles controle.

¿Imaxinádevos nunha illa deserta sen pais, profesores ou calquera outra persoa maior que teña conta de vós?

Se cadra os rapaces de 4º de ESO que xa leron o libro deron coa resposta.

 

Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, de Luís Lamela

 

 Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, de Luís Lamela

 

 

 

Lamela García, Luís, Escapado. Do monte Pindo ao exilio pasando pola illa de San Simón, Vigo: Editorial Xerais de Galicia, col. Crónica, xuño, 2009, pp. 262. (ISBN: 978-84-9914-019-3).

Luís Lamela García (Corcubión, 1945) publica o seu primeiro libro en galego e continúa coa temática dos anteriormente publicados en castelán, é dicir, a investigación sobre a represión franquista durante a posguerra e a ditadura. Nos trinta e dous capítulos que compoñen o libro, Luís Lamela conta a historia dos homes que fuxiron ao espazo mítico do monte Pindo en 1936 para non loitar no bando nacional do xeneral Franco. Como consecuencia deste feito, decenas de fuxidos, a maior parte deles moi xoves, foron perseguidos ata acabar encontrando a morte, outros a guerra e a maioría o cárcere. Outra parte destes homes rematou morrendo nos campos de concentración nazis e un número moi pequeno conseguiu alcanzar o exilio. Un destes mozos que logrou sobrevivir foi Teófilo Caamaño Formoso, alcumado O Cantolo, o cal é o protagonista do libro. O Cantolo regresa á Coste da Morte, ao monte do Pindo, con oitenta e tres anos e logo de sesenta anos de exilio nos Estados Unidos. Luís Lamela presenta ao Cantolo como un home que regresa para encontrarse coa súa memoria, co seu pasado e a partir de aquí relata a súa inicial fuxida, a detención posterior e a tortura que sufriu na localidade de Corcubión. Despois trasladárono ao castelo de San Felipe en Ferrol e alí coñeceu a súa sentenza: doce anos e un día de reclusión temporal. De aí mudárono para o lazareto da illa de San Simón, daquela convertido en penal. Milagrosamente consegue sobrevivir a un fusilamento e regresa ao monte Pindo. Alí contacta con outros fuxidos e planean marchar de España nun barco e, ao final, lógrano. O exilio espera ao Cantolo, primeiro Francia e logo os Estados Unidos. Luís Lamela mestura neste libro algúns datos históricos coa súa inventiva e desta maneira conta a historia de Teófilo Caamaño, o Cantolas, un dos fuxidos ao monte Pindo tras a sublevación franquista do ano 1936.

 

ACTIVIDADE PARA RECOÑECER OS DEUSES E OS MITOS DA MITOLOXÍA CLÁSICA


24 de Marzo 2010

Xa que onte rematamos o noso libro e despois dunhos cantos recreos falando de mitos e deuses, deixámovos unha presentación de imáxenes, a maioría son cadros moi importantes da historia da arte occidental...

Seriades capaces de recoñecer e lembrar que deuses ou mitos representan?

O LAPIS DO CARPINTEIRO

Este ano o club dos medianos (é dicir os de 3º e 4º de ESO) estamos a ler O lapis do carpinteiro e cando o rematemos imos facer unhas actividades moi sinxelas para que conste que  lemos o libro, e de paso pasar un bo rato . Se alguén que o liu é quen de facelas invitámolo a xogar e a aprender un pouquiño de historia, ANIMÁDESVOS??

PINCHA AQUÍ

Distribuir contido