Infórmate

 

Educación Física

RESULTADOS DA CARREIRA DE ORIENTACIÓN 24-11-2021. CAMPAMENTO VIRXE DO LORETO

Resultados da carreira de orientación
24-11-2021 Campamento Virxe do Loreto
 
club ADC Arnela envía a seguinte información:
 
Adxuntamos os resultados da proba por categoría con tempos totais e con tempos parciais entre controis.
Guía para entendelos:
  • Os que teñen un tempo e un posto na clasificación é que completaron o percorrido con éxito.
  • Os que teñen "Error en tarjeta" é que se saltaron algún control. Aínda que pode que algúns estiveran nel e non lles funcionase a tarxeta e non insistisen e lles quedara sin rexistrar ese control como me comentou algún alumno (pasou bastante no 200).
  • Os que teñen "Abandona" é que deixaron moitos controis sin coller.
  • Os que teñen "Desc" é que non picaron a Meta.
Nos parciais podedes ter máis información. 
Se os tempos aparecen en negrita quere decir que foi o máis rápido nese control ou momento da carreira.
 
 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA. CARREIRA DE ORIENTACIÓN DO PROGRAMA XOGADE, DE DEPORTE ESCOLAR DA XUNTA DE GALICIA, DENTRO DO PLAN PROXECTA

O departamento de Educación Física está a organizar unha saída para participar nunha carreira de Orientación do programa Xogade, de deporte escolar da Xunta de Galicia, dentro do plan Proxecta desenvolvido polo departamento.
A saída cara o Campamento Virxe do Loreto en Porto do Son, onde se realizará a proba, será o día 24 de novembro de 2021, as 9:35 h., a chegada está prevista ás 14:15 h.
Os participantes serán o alumnado de 2º ESO, na categoría infantil e de 4º ESO, na categoría cadete, tanto masculino como feminino. Pretendemos que asista o maior número de persoas posibles pero estamos limitados polas prazas do autobús: 53, polo que deberemos facer unha escolla. 
A actividade é totalmente gratuíta
 
Os profesores acompañantes serán:
- María Yolanda Ferreiro Domínguez
- Francisco Javier González García
 
A continuación poñemos información da proba e os permisos necesarios para asistir.
O alumnado seleccionado deberá traer asinados os permisos
- Permiso para usar as imaxes con fins educativos 
- Permiso para participar na carreira de Orientación
- Permiso para introducir datos do alumnado na plataforma de inscrición de Xogade
- Declaración responsable sobre síntomas Covid.

Powered by Drupal - Design by artinet