portada30

Debuxo

PROXECTO QuebrARTE en FEMININO da materia de Técnicas Gráfico Plásticas e Visuais.(TEGPV).

PROXECTO QUEBRARTE EN FEMININO

As claves do proxecto son:

1. Ecolóxica que implica reutilización e reciclaxe.

2. Igualdade: as mulleres na arte con Frida Kahlo, Sonia Delaunay, Maruja Mallo…

3. Divulgación da arte en clave feminina.

4. XOGO: compoñente LÚDICO para desenrolar a creatividade, psicomotricidade e retentiva dos cativos/as de 3 a 6 anos.

5. TÉCNICA: acrílica.

6. Traballo en EQUIPO.

7. COMPOÑENTE SOCIAL: DOAZÓN a centros públicos adscritos (CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, de Lavacolla e CEIP Apóstolo Santiago, de Santiago de Compostela) para devolverlle algo a sociedade do que recibimos e compartir cos demais.

O proxecto estivo repartido en 14 equipos de 3 e algún de 4 alumnos/as, de 2º de Bacharelato de Artes, na materia de Técnicas Gráfico Plásticas, que escolleron as artistas para reinterpretar. Despois veu a fase preparatoria das caixas cunha imprimación, bosquexos e pasalos ao soporte, reinterpretar as obras escollidas coa técnica do acrílico e, por último, darlle unha protección á obra. A temporalización foi na 3ª Avaliación.

Cada equipo realizou unha breve memoria do proxecto .

Tamén houbo unha exposición no centro dos traballos realizados.

 

QuebrArte en FEMININO.

Catálogo Ilustradas

CHARLAS DE 2º DE BACHARELATO DE ARTES.

Sonia Alonso  (Deseño Gráfico)-Exalumna - Presencial.

 Paula Tarrío de Belas Artes de Pontevedra. Presencial.

 María Astray  (Ilustradora) –Exalumna - Presencial.

 Diego Calvo  (Caracterización) – Exalumno - Vídeoconferencia. (Instagram:@dcb.artstudio)

 Eva Agra -7 h Cooperativa( Cooperativismo/Ilustradora)-Exalumna-Presencial. (www.7hcoop.gal)

 Fuco Reyes  ( Fotógrafo)- Presencial .  (www.fucoreyes.es)

 José Augusto García (Deseñador Gráfico)-Presencial. (www.piedrapapeltijera.com)

 Lara Torres  (Ilustradora) – Exalumna -  Presencial. (www.laratorres.es)

 Edith del Valle  (Diseñadora de Moda) - Presencial. (www.edithdelvalle.com)

ALUMNOS/AS DE ARTES CONMEMORAN O 8 M.

Artes, 8 M -2021

O IES de SAR na TVG

O IES de SAR na TVG

Adaptación da programación 2019/20120

Para consultar a Adaptación da programación do curso 19_20 prema no seguinte enlace

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer