Carla Bautís e Alba Rodriguez, alumnas de bacharelato de Artes do noso instituto fixéronse con primeiro e segundo posto, respectivamente, no concurso de Logos convocado polo proxecto Comenius “Biodiversity of Rivers”. Este concurso foi convocado polos setes centros educativos europeos nos que se inclúe o IES de SAR no marco do programa europeo Comenius.
Nome da actividade: Concerto didáctico
Día e hora: venres 31 de xaneiro de 10:15 a 12:30
Lugar: Auditorio de Galicia
Grupos: 2º Bach (só alumnado de música)
Profesora acompañante: Xoana Paredes
Nome da actividade: visita á fundación Granell
Día e hora: xoves 19 de decembro de 11:40 a 13:30
Lugar: Santiago
Grupos: 1º Bach A e B
Profesoras acompañantes: Silvia Díaz e Carmela Romay
Horario para o día 20 de Decembro, previo ás vacacións de Nadal.
Fai clic aquí para saber o calendario de día 20 de decembro, coa entrega dos boletíns de notas e co calendario das vacacións de Nadal.
Felices festas a toda a comunidade educativa.
Día e hora: luns 2 de decembro de 11:30 a 13:30
Lugar: Santiago
Grupos: 3º ESO e Div-I
Profesoras acompañantes: Sinda Puga e Pilar González
Nome da actividade: saída ao teatro “Memorias dun neno labrego”
Día e hora: venres 29 de novembro de 12:15 a 13:30
Lugar: Santiago
Grupos: Div-I e II
Profesores acompañantes: Ana Castiñeira e Pablo Gómez
Día e hora: martes 19 de novembro de 12:15 a 12:30
Lugar: Salón de actos
Grupos: 1º Bach
Profesores acompañantes: Prégase aos profesores de atención educativa que acompañen ao alumnado durante a actividade
O día 19 de novembro, martes, os grupos de Diversificación I de terceiro da ESO e Diversificación II de cuarto da ESO sairán ao río Sar durante tres horas para un estudo medioambiental das ribeiras, observación da macrofauna eunha análise fisico-química e bacteriolóxia da auga do río, no marco do proxecto Ríos. Os datos tamén se incluirán no Proxecto Rede de Galicia sobre a calidade das augas en diferentes puntos galegos.
Os profesores acompañantes serán Isabel Lourido e Pablo Gómez, participando tamén un monitor da asociación ecoloxista ADEGA.
Nome da actividade: charla de Diego Martinez Santos (Doutor en Fisica e “2013 Young Experimental Physicist Prize” Instituto Nacional de Física Subatómica de Holanda) |
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer