portada30

"Malala valente": Carta aberta de alumn@s de 4º ESO na Voz de Galicia

Os alumnos e alumnas do grupo A de cuarto da ESO do IES de Sar veñen de publicar o día 20 de outubro unha carta aberta nesta sección do xornal Voz de Galicia:

TOD@S CON MALALA

Nunha época na que todas as novas dos xornais tratan da crise económica e chorradas de famosos, unha noticia resalta sobre todas as demais:

Malala, unha rapaza paquistaní, que loitaba polo dereito das rapazas á educación e por ise motivo, foi tiroteada polos talibáns. Isto é todo un exemplo de valentía e esforzo. Se fose un talibán, agora mesmo sentiríame avergoñado, e menos mal que Malala sobreviviu, porque nese caso sentiríame culpable de selo responsable de destruír non só a valentía desta rapaza, senón o empeño que puxo en comunicar o que lle estaba a ocorrer nun diario que escribía dende os 11 anos, sabendo que se estaba arriscando a ser recoñecida.

Todo o mundo debería ten o dereito a estudar ao igual que o de respirar; e chama moito a atención que unha rapaza tan nova estivese tan concienciada para defender publicamente o seu dereito de estudar, demostrando o que quere. A pesar de todo, unha educación en países como estes, implicaría unha evolución no resto mundo. Non hai moitas persoas loitando asi, polo dereito de estudar dos nenos e nenas , e polas súas ideas en xeral.

Alumn@s 4º ESO A do IES de Sar

Ademais pódese ver as diferentes reflexión feitas na clase por este grupo de alumn@s na seguinte ligazón (clic).

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer