portada30

Tarde emotiva na Coruña

Tarde emotiva hoxe na Coruña, acompañando ás nosas alumnas de 1° de Bacharelato de Artes, que foron seleccionadas no 19 Premio de Fotografía Xurxo Lobato: Mara Martínez Prado, Katarina Mélikhova, Ana Salgueiro Torres e Uxía Pereiro Freiría.
Estar seleccionadas neste certame xa é un recoñecemento importante, pero ademais conseguiron o 2° premio, Mara Martínez, e unha Mención de Honra, Katarina Mélikhova.
Moitísimos parabéns ás catro!
 
 
Galería:
 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer